SUPERMERCADOS FRÓIZ ADQUIRE 15 PARCELAS NO POLÍGONO DE BARRO-MEIS QUE OCUPAN UNHA SUPERFICIE TOTAL DE 73.394 METROS CADRADOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 10 de noviembre de 2014

SUPERMERCADOS FRÓIZ ADQUIRE 15 PARCELAS NO POLÍGONO DE BARRO-MEIS QUE OCUPAN UNHA SUPERFICIE TOTAL DE 73.394 METROS CADRADOS




  • ·       Nelas, instalará dúas naves de almacenamento de produtos secos e frescos, un almacén de palés, un edificio para comedor e vestiarios, un tren de lavado de camións, despacho de gasoil e, entre outras dependencias, dúas zonas axardinadas de máis de 4.000 metros.
  • ·       Novas Rías compra unha parcela de 1.800 metros
  • ·       Coas novas adquisicións, o parque industrial tén unha ocupación de 97.000 metros, perto do 50%

A empresa Supermercados Fróiz adquirirá 15 parcelas no polígono industrial de Barro-Meis _ubicadas no espazo situado entre a AP-9 e as cabinas de entrada hacia ela vindo dende a Vía Rápida do Salnés_ e a firma de autocares Novas Rías, unha parcela de 1.800 metros cadrados situada no interior no parque industrial.

Hoxe tivo lugar na Deputación de Pontevedra a apertura dos sobres de referencias técnicas das ofertas presentadas para a adquisición de parcelas en Barro-Meis, unha vez concluido o pasado 3 de decembro o plazo do concurso convocado.
A oferta de Supermercados Fróiz é para a compra de 73.394 metros cadrados de chan industrial distribuidos en 15 parcelas. Pola súa banda, a da empresa de transporte por autobuses, Novas Rías, é para unha parcela de 1.800 metros.
O concurso convocado saldouse, pois, coa venda de 16 parcelas e un total de 75.194 metros cadrados.
A esta cantidade de superficie enaxenada, hai que engadir 22.000 metros cadrados máis, xa adquiridos anteriormente por outras empresas, o que sitúa a cifra de metros de chan industrial vendidos no polígono de Barro-Meis en 97.194 metros, o que sitúa a súa porcentaxe de ocupación en perto do 50% pois o parque industrial tén unha superficie total de 261.000 metros cadrados á que hai que descontar o espazo ocupado por viais e outros servizos.
O vindeiro venres, día 14, abriráse o sobre C coa oferta económica presentada polas anteditas empresas e na sesión plenaria da Corporación Provincial que terá lugar o 28 de novembro será a súa adxudicación definitiva. 

O proxecto de Fróiz
O proxecto de instalacións de Supermercados Fróiz nas parcelas de Barro-Meis inclúe dúas naves _unha de almacenamento de productos secos e outra, de productos frescos_ que ocuparán unha superficie total de 26.000 metros cadrados; un anexo á nave principal, para almacenar palés, de 3.500 metros; un edificio de comedor e vestiarios; instalacións de abastecemento de gasoil; un túnel de lavado de camións; e, entre outras construccións, zonas de axardinamento en torno ás naves, nunha superficie de perto de 4.000 metros cadrados.
En vista de que varias empresas se interesaron pola adquisición de parcelas, unha vez concluido o concurso antes mencionado e rematado o 3 de novembro, a Deputación estudia ahora fórmulas para abrir un periodo de enaxenación directa de parcelas.
Algunhas desas empresas gardan relación con tarefas complementarias da actividade de Supermercados Fróiz pero, noutros casos, trátase de firmas relacionadas con outros sectores empresariais e industriais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario