O próximo domingo 16 de novembro o Pazo da Crega, en San Antoniño, acollerá a segunda edición da #BarroCervexaFest, unha mostra das cervexas artesanais que actualmente se están a elaborar en Galicia.
A iniciativa organizada pola Asociación Cultural Amigos da Fervenza 
da Barosa crece considerablemente con respecto ao pasado ano, no que 
contou con catro produtores.
Nesta ocasión serán dez as fábricas presentes. Ademais
 do produtor local, Saramagal, expoñerán os seus produtos Menduiña de 
Cangas, Dama Alaricana de Allariz, De Lago de Vigo, Cervexa Nós de Mos, 
Galponbier de Vilanova de Arousa, Suevia de Vilagarcía, Cervexa Meiga de
 Poio e Cervexa Áncora de Ourense. Tamén acode á cita a fábrica de Sidra
 Ribela da Estrada.
A oferta complétase coa gastronomía das hamburguesas de vacún galegas Facendo O Agro 'Galeguesa'.
A #CervexaBarrofest abrirá as súas portas ás 12:00 do mediodía e prolongarase ata as 20:00 horas.
http://pontevedraviva.com/xeral/15803/dez-produtores-cervexa-artesa-16-novembro-segunda-barrocervexafest/?lang=gl 
 
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario