Pincha na imaxe para ver o vídeo:
Non é este o único accidente do que lles falamos. Esta madrugada unha 
muller saía da vía co seu vehículo no concello pontevedrés de Barro.  
Por sorte, a condutora só tivo feridas de pequena importancia. Aconteceu
 pouco antes das seis da mañá á altura do lugar de Curro. A muller, duns
 trinta anos, e que viaxaba soa en dirección Vilagarcía, foise da 
calzada e caeu co coche por un terraplén duns quince metros de altura. 
Os axentes de tráfico tardaron máis dunha hora en localizala, xa que 
estaba desorientada e moi nerviosa. Tiveron que empregar unha padiola de
 rescate para sacala do vehículo. A matogueira freou o vehículo e a 
accidentada saíu ilesa. Con todo, nun primeiro momento foi trasladada a 
un hospital.
lunes, 17 de noviembre de 2014
New
Unha muller caeu co coche por un terraplén de quince metros en Barro. VIDEO TVG.
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
PO-531
Etiquetas:
accidente,
barro,
Curro,
Guardia Civil,
PO-531
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
 
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario