Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 1 de noviembre de 2014

A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA UNHA NOVA CAMPAÑA DO PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS COIDARTE


Na fase actualmente en marcha participan preto de 1.800 persoas
·        Ofértanse prazas en establecementos termais de Lalín, O Grove, Moaña, Oia, Mondariz e Cuntis
·        As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 30 de novembro
A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova campaña do programa diúrno de balnearios Coidarte, co obxectivo de que poidan participar nel o maior número de persoas posible.
Na fase agora en marcha do programa están a participar preto de 1.800 persoas, que disfrutan de cinco tardes en establecementos termais da provincia a prezos reducidos.
En concreto, os balnearios ofertados no programa e aos que tamén poderán acudir os que se inscriban nesta segunda fase do programa, son o Spa Torre do Deza de Lalín, Spa Norat do Grove, Talaso Spa de Moaña, Talaso Atántico de Oia, Balneario de Mondariz, Hesperia Illa da Toxa e Termas de Cuntis.
Trala aprobación pola Xunta de Goberno desta segunda campaña de Coidarte, o Boletín Oficial da Provincia publicará a convocatoria e as persoas interesadas poderán inscribirse desde esa data ata o 30 de novembro.
O programa, que vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar, ten un triplo obxectivo: fomentar o envellecemento activo e mellorar da calidade de vida das persoas maiores;  permitir que persoas que dedican boa parte da súa vida ao coidado de enfermos ou dependentes poidan ter un descanso e dinamizar o sector turístico.
A Deputación subvenciona con 35 euros o prezo de cada praza e os concellos que se adhiran ao programa achegarán outros 10 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario