Batallán baixa dos grandes escenarios para unirse á paixón musical de “Manso e amigos” - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 4 de enero de 2012

Batallán baixa dos grandes escenarios para unirse á paixón musical de “Manso e amigos”

Manso e amigos” ensaian cando poden. É un grupo de seis amigos, grandes amantes da música que amenizan todo tipo de eventos, e literalmente por amor ao arte (non cobran), e comparten un pasado de verbena. Nada que ver coa disciplina dunha orquestra como a de Granada onde Esteban Batallán é trompeta solista que ten compartido escenario con artistas da altura de Sting ou Plácido Domingo. Unha peculiar mezcla de grandes artistas que leva varios días preparando un concierto único que terá lugar hoxe ás 20 horas na Xuventude e totalmente gratis. 


“Encaixo con eles marabillosamente”, manifestaba o afamado instrumentista na presentación do concerto. O alcalde, Luis Aragunde, presente no acto, foi quen convidou a ambas partes tras una actuación anterior do barrense na capital do albariño.

Os eloxios entre Batallán e os compoñentes de “Manso e amigos” foron recíprocos nunha demostración do seu amor compartido pola música. De feito, ninguén cobra por esta actuación na que se interpretarán pezas de “sempre, para todo o mundo con temas dos Panchos, Javier Solís... Aínda que Batallán aportará algo máis”, apuntaba Blas Domínguez.

Nunca visto
De feito, o músico barrense adiantou algunhas das novidades como “dúas pezas de acordeón que son para trompeta. Nunca se viu que unha banda enteira interprete un acordeón”. Así, non é de estrañar que para el, esta experiencia sexa “un modo de descubrir cousas novas”; e para a banda arousana “toda unha honra acompañar a un dos mellores trompetistas. Esperamos estar un pouquiño a súa altura”, comentaba o propio “Manso” (Salvador Cores). Un dos seus compañeiros, José Antonio Vilas, engadía que “como cambadés síntome orgullo e farei o que poida ao lado deste gran músico”; e Olegario Falcón , outro dos compoñentes, expresábase con similares verbas.

Pola súa parte, Moncho Vieites pedía ao rexidor municipal que “tome nota” e lle propuxo que o Conservatorio traia periódicamente a un artista de relevancia para impartir clases maxistrais aos alumnos, como é o caso de Batallán porque “eu oía falar de Harry James pero creo que non lle envidia nada”.

Para Aragunde foi “un placer” ser o artífice das presentacións e recomendou a asistencia a este concerto. “Tiven a oportunidade de escoitar un pouco dos ensaios e é unha delicia escoitalos e ver o bo ambiente que reina”, manifestou. De feito confía en que esta sexa a primeira de outras colaboracións e a capital do albariño acolla un novo concerto deste binomio. Unha idea que o propio trompetista non descarta: “É un orgullo vir a Cambados sempre estou disposto”, manifestou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario