Voz de Barro súmase á campaña "Galicia Calidade= 1 litro de leite". Súmate á iniciativa e comparte a noticia!!! - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 23 de enero de 2012

Voz de Barro súmase á campaña "Galicia Calidade= 1 litro de leite". Súmate á iniciativa e comparte a noticia!!!


  • A campaña estará activa dende hoxe e ata acadar os 1.000 litros de leite doados.

Galicia Calidade pon en marcha, en colaboración coa Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban), unha campaña solidaria en redes sociais baixo o lema "Comparte Galicia Calidade". Coa finalidade de poñer a calidade ao alcance de todos, e ante a situación de dificultade coa que se atopan hoxe en día os nosos bancos de alimentos, Galicia Calidade doarálles un litro de leite por cada novo seguidor da súa páxina oficial en Facebook.

Feiraco, marca que conta coa certificación de garantía de Galicia Calidade, será a empresa proveedora do leite doado. A Federación Galega de Bancos de Alimentos, presidida actualmente polo Banco de Alimentos de Vigo, será a encargada de distribuir a doazón en partes iguais entre os cinco bancos de alimentos asociados: Rias Altas-Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.

Só con facer click en “Me gusta” en esta página estarás axudando a moita xente.

Comparte esta nova cos teus amigos e axúdanos a chegar aos 1.000 litros!




No hay comentarios:

Publicar un comentario