O presidente da Deputación, Rafael Louzán, descarta que a súa  proposta para mancomunar o servizo de recollida de lixo nos concellos da  provincia de menos de 25.000 habitantes (os municipios máis poboados,  como Pontevedra e Vigo, encargan esta tarefa a unha empresa  concesionaria) vaia supor un incremento no recibo.
''A disparidade existente na actualidade nas taxas que cobran os  concellos aos seus veciños pola recollida do lixo son abismais e non se  corresponden con diferenzas reais no custe do servizo'', sinala o  presidente provincial en base a un informe elaborado polo ORAL  (organismo ao que a maioría dos concellos da provincia teñen encomendada  a tarefa de recadar os seus tributos).
Louzán cita a Barro e Poio como ''o exemplo máis evidente e  rechamante'' da ''desproporción'' na contía dos recibos da recollida de  lixo. ''Os veciños de Poio pagaron o ano pasado case 18 veces máis que o  que pagaron os de Barro'', xa que mentres o municipio dirixido por  Luciano Sobral tiña a taxa máis cara da provincia (104 euros), o  presidido por José Antonio Landín foi o que estableceu o imposto máis  económico (6 euros).
viernes, 27 de enero de 2012
New
Louzán descarta unha subida ''masiva e repentina'' da taxa de lixo nos concellos
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
Louzán
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario