Atrás queda a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulando o plan urbanístico de parte do polígono de Barro-Meis que por un momento fio perigar a continuidade do parque empresarial. Un acordo entre Xunta e concello de Barro permitiu a este último modificar o planemanento urbanístico do sector Outeda-Curro para adaptalo á lei. Agora, co documento asinado esta mañá, dáse o pase definitivo para a legalización do polígono.
Nestes intres o parque conta con cinco empresas que, segundo explicou o titular da Deputación, Rafael Louzán, xa están practicamente instaladas e que en breve visitará xunto ó alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín.
Louzán confía en que o polígono se converta nun motor de emprego para a provincia e un referente industrial para Galicia, pola súa situación estratéxica e a conexión con vías de alta capacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario