Bases Provisionais de C.P. da zona de Curro-Portela (Barro – A Coruña)

ACTIVIDADES E AVISOS.

ENTREGA DOS BOLETÍNS INDIVIDUAIS DA PROPIEDADE CORRESPONDENTES ÁS BASES PROVISIONAIS:
  • A entrega aos propietarios ou aos seus representantes tivo lugar en Barro o día 19 de xaneiro de 2012.
  • Os propietarios ou representantes que non recolleron os Boletíns pódeno facer, debidamente acreditados, dirixíndose ao Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (R/ Fernández Ladreda, 43, 2º Pontevedra) ata o vindeiro 9 de febreiro.
  • Queda aberto o prazo para a presentación de alegacións á Bases Provisionais, así como para cambios de titularidade de parcelas de propietario descoñecido, ata a data que figura no apartado seguinte.
PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS ÁS BASES PROVISIONAIS:
  • A partires do vindeiro 13 de febreiro e ata o 8 de marzo, data na que en principio rematará o período de alegacións, o equipo técnico da Empresa desprazarase á zona , de acordo co establecido no Artigo 35 da vixente Lei 12/2001 de Concentración Parcelaria para Galicia, co fin de aclarar aos afectados os extremos que resulten pertinentes sobre o proceso.
  • Pode consultar as datas e horarios de traballo na zona premendo en Aviso de período de alegacións.
  • As alegacións, solicitudes de cambio de titularidade ou de recoñecemento da titularidade de parcelas de propietarios descoñecidos serán presentadas, preferiblemente de acordo cos formularios que se poderán recoller no Concello de Barro e nos lugares e datas que figuran no Aviso. Así mesmo, os modelos de formulario atópanse á disposición dos afectados nesta páxina, no Apartado seguinte.
  • Os citados formularios deberán ser cubertos polos propietarios ou os seus representantes, dirixidos ao Servizo de Infraestruturas Agrarias e presentados, achegando a Documentación necesaria para xustificar a alegación ou solicitude, no propio Servizo, no Concello ou en calquera organismo oficial legalmente habilitado.

DOCUMENTACIÓN PARA DESCARGAR/VISUALIZAR.