Concello de Barro. Plan Renove de Iluminación Interior 2011 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 10 de enero de 2012

Concello de Barro. Plan Renove de Iluminación Interior 2011

O Concello de Barro, informa do Plan Renove de Iluminación Interior 2011.

Prazo para a reserva de fondos: desde o 1 de febreiro ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito

Beneficiarios:
Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento para acceder ás axudas:
1. O comprador dirixirase a un instalador adherido ao Plan Renove de Iluminación Interior 2011 e adquire o equipo obxecto da subvención.
2. O instalador realiza a solicitude de reserva de fondos mediante a aplicación web habilitada ao efecto, imprime o impreso da axuda e o comprador asina a súa conformidade.
3. O instalador ten 60 días naturais dende o día seguinte a data de reserva de fondos para:
 - Realizar a instalación.
 - Cobrar o importe da factura co desconto da axuda establecida, calculada na aplicación informática.
 - Remitir ao Inega toda a documentación que se indica no artigo 10 para o cobro da subvención.

Mais información: Bases convocatoria.

Dotación:
O 25% do custo elixible da nova instalación

Límites:
- 1.500 € por vivenda unifamiliar/piso.
- 10.000 € por edificio de vivendas en bloque.
- 25.000 € por edificio do sector terciario.
A inversión mínima para que a actuación sexa elixible deberá ser de 500€.

Información:
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Tlfnos:981 54 15 00
renoveiluminacioninterior@inega.es
http://www.inega.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario