Tras varias conversas de Iñaki co presidente e os seus colaboradores, e  tras analizar diferentes motivos,  ambas partes deciden rompe-lo seu  acordo, o cal vinculaba a Iñaki como técnico do equipo para esta  tempada.
O presidente do clube Vicente Cons comunicoulle a nova ó  plantel o mércores dia 11 antes do adestramento, que xa foi o primeiro  que dirixiu S.Fariña, que estará ó frente do equipo polo menos ata final  desta tempada.
"Quero darlle as gracias a Iñaki polas cousas boas  que transmitiu ó equipo pero chegamos a un punto que, por varios motivos  e discordancias, foi mellor non continuar. Que sepa que aquí sempre  será ben recibido." , declaraba Vicente Cons tralo sucedido.
"Animo ó  plantel e a Santi, e que sigamos coa ilusión e as ganas que tiñamos  antes, co bo rollo e seriedade para seguir facendo un equipo de  orgullo". 
O equipo adestrará de novo o venres 13 antes do partido do domingo, que será no campo do Eiriña. 
Moita sorte!
viernes, 13 de enero de 2012
New
O técnico vasco Iñaki Ten Zubiaur deixa de se-lo adestrador do Barro C.F. de Terceira Rexional.
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
Vicente Cons
Etiquetas:
BARRO CF,
deporte,
futbol,
Vicente Cons
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario