Concello de Barro: Calendario de Recadación do ORAL 2012, para IBI, IAE e IVTM - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 10 de enero de 2012

Concello de Barro: Calendario de Recadación do ORAL 2012, para IBI, IAE e IVTM

Vista proposta do servizo de recadación de 12/12/2011, relativa ao Calendario de Recadación Voluntaria para o vindeiro exercicio 2012, o Consello Reitor acorda por unanimidade aprobar o seguinte Calendario fiscal:

Impostos    Data Inicio    Data Fin    Data Cargo Cta. (1)
I.V.T.M.    31 de marzo    01 de xuño    04 de maio
I.B.I.    31 de xullo    15 de outubro    05 de setembro
I.A.E.    31 de agosto    02 de novembro    02 de novembro

(1).- Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.).
(2).- Data límite para que os concellos comuniquen ao ORAL as modificacións (Altas, Baixas, etc…), dos padróns.

Nun prazo máximo de 45 días naturais a partir das datas límite sinaladas, os padróns terán que estar aprobados pola Dirección e cargados na aplicación, para que o servizo de recadación dispoña de marxe suficiente para gravar as domiciliacións bancarias e enviar os ficheiros para a impresión dos recibos, co fin de que cheguen aos contribuíntes nos días de inicio de cobranza.

O calendario fiscal, unha vez aprobado polo Consello Reitor, publicarase na páxina web da Deputación, e remitirase ós Concellos cuxa xestión e recadación tributaria fora delegada no ORAL para que se publique nas súas respectivas páxinas webs se así o estiman procedente.

Recordamos que tamén se poderán pagar ditos impostos a través da páxina habilitada para tal efecto:

http://oral.depo.es/tpv/tpv.php





No hay comentarios:

Publicar un comentario