A Deputación patrocina A Volta Ciclista a España, que pasa preto de Barro na etapa Cambados-Pontevedra. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 12 de enero de 2012

A Deputación patrocina A Volta Ciclista a España, que pasa preto de Barro na etapa Cambados-Pontevedra.

A Volta Ciclista a España percorrerá 40 concellos da provincia de Pontevedra ó seu paso pola provincia. Rafael Louzán, presidente da Deputación, entidade patrocinadora do evento deportivo, participou hoxe _xunto ó director de Unipublic, Javier Guillén, os ciclistas Juan José Cobo (gañador da Volta 2011, Denis Menchov, Samuel Sánchez, Miguel Indurain, Abraham Olano e outros_ en Pamplona na presentación da carreira que suporá unha importante promoción das Rías Baixas e cuia caravana ocupará, según confirmou Guillén a Louzán, perante catro noites, do 26 ó 30 de agosto, 1.500 prazas en hoteis da provincia.

A primeira etapa, o martes 28 de agosto, Ponteareas-Sanxenxo, terá 166,4 kilómetros e discurrirá por Ponteareas, Porriño, Alto de San Antonio, A Ramallosa, Nigrán, Coruxo, Vigo, Canguelos, Moaña, Cangas, Rúa Nova, Bueu, Marín, O Convento, Poio, Raxó e Sanxenxo. Nela, é a segunda vez na historia que Ponteareas acolle unha saida de etapa. O Alto de San Antonio é de 3ª categoría e a etapa está considerada óptima para que se formen escapadas.

Única contrarreloj e puntuación do Alto do Castrove
A segunda etapa será o 29 de agosto entre Cambados e Pontevedra. Será a única contrarreloj individual da Volta 2012. Os 40 kilómetros de crono inclúen o porto de 3ª categoría Alto do Monte Castrove no que os tres mellores tempos ó seu paso polo porto serán os que puntúen para a clasificación da montaña. É unha etapa moi técnica, rápida e con moitas curvas. Discurre por Cambados, Oubiña, Ribadumia, Valboa, Alto do Monte Castrove, Coruxas e Pontevedra.

A terceira etapa, o 30 de agosto, Vilagarcía de Arousa-Dumbría (Mirador de Ézaro), de 184,6 kilómetros, promete un final de infarto nas fortes e espectaculares rampas de acceso ó mirador de Ézaro. Discurre por Vilagarcía, Caldas, Cuntis, Barco,  Pousada, Padrón, Bunés, Taragoña, Boiro,  Pontes, Xinxide, San Vicente de Noal, Mariño, Vilanova, Figueroa, Boavista, Vilor e Ézaro.

A Volta a España chegará a Pontevedra depois de disputarse a etapa 9ª entre Andorra e Barcelona o domingo 26 de agosto. O luns 27 será xornada de descanso e o martes 28 será a etapa Ponteareas-Sanxenxo, que será a 10ª da carreira.

Cambados e Vilagarcía serán saidas inéditas na Volta a España. E Sanxenxo un final tamén inédito. Ponteareas será a segunda vez que terá, de xeito consecutivo, unha saida de etapa e contará, ademáis, cos espectaculares entrenamentos da xornada de descanso.

Louzán _que foi o único presidente dunha deputación ou concello galego que participou na presentación_  indicou que o apoio á Volta a España non será un gasto, senón unha inversión con importantes retornos no sector hosteleiro e restaurador así como en canto a promoción turística das Rías Baixas en 140 países do mundo a través das retransmisións televisivas nas que estará presente o logo de Rías Baixas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario