Confírmase o paso da Volta a España por Barro, no Alto do Castrove, con novos cambios. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 30 de enero de 2012

Confírmase o paso da Volta a España por Barro, no Alto do Castrove, con novos cambios.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, negociaron En Madrid cos responsables da Volta a España o cambio de trazado da 11ª etapa, a única contrarreloxio da carreira ciclista, entre Cambados e Pontevedra, para que pase polos Mosteiros de Armenteira e Poio xa que este último quedaba fora do trazado orixinal.

Tanto o director da Volta a España, Javier Guillén, como o director de Trazado, o ciclista Abraham Olano, manifestaron a súa plena disposición para alterar o trazado inicialmente previsto de xeito que se poida resaltar a chamada .

Esta etapa terá lugar o 29 de agosto entre Cambados e Pontevedra. Os 40 kilómetros de crono inclúen o porto de 3ª categoría Alto do Monte Castrove no que os tres mellores tempos ó seu paso pola cima serán os que puntúen para a clasificación da montaña.

A organización da Volta considera que será unha moi técnica, rápida e con moitas curvas. O trazado prevé a saida en Cambados e o paso por Vilariño, Oubiña, Ponte Arnelas, Ribadumia, Barrantes, San Martín de Meis, subida a Armenteira, Alto do Castrove, Campañó, Poio e Pontevedra.

No curso da entrevista dos dous mandatarios pontevedreses cos responsables da Volta concretaronse diversos aspectos técnicos, de espazo e de condicións, que esixe a organización da Volta a España. En concreto, relativos ó montaxe e servizos da zona de saida na Praza de Fefiñáns, en Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario