§
O delegado
territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recordou que a
Xunta colaborará cos concellos para que os interesados poidan tamén acudir ás
oficinas municipais para tramitar a solicitude
§
Tamén se poderá
facer a través de asociacións de iniciativa social
§
Recordou que
duplicarase a cuantía dos apoios, que chegan a 180 euros, para familias con dous
ou menos fillos e a 300 no caso das familias numerosas
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, recordou esta mañá que a Consellería de Economía e
Industria acaba de abrir o prazo para solicitar a axuda
para pagar a factura eléctrica.
Os interesados
poderán solicitar estes apoios, que buscan beneficiar aos consumidores máis
vulnerables no contexto enerxético actual, ata o vindeiro 30 de abril nunha
primeira convocatoria, na que se facilitará axuda do gasto realizado polas
familias no segundo semestre de 2014. Posteriormente, do 1 de xullo e ata o 15
de setembro, poderanse presentar os recibos que acrediten dito gasto en
relación ao primeiro semestre de 2015.
As familias e persoas que soliciten estas
axudas deberán facelo a través da dirección https://ticketelectrico.xunta.es,
para o cal será necesario que conten con DNI electrónico ou certificado de tramitación
electrónica. “Como somos coñecedores de que moitas persoas aínda non contan con
este tipo de documentación, no quinto andar da Delegación Territorial da Xunta
en Pontevedra acabamos de poñer en marcha un servizo específico para
axudarlles”, explicou Cores Tourís, quen tamén recordou que os interesados
poderán facer esta tramitación telemática a través de asociacións de iniciativa
social como Cruz Vermella ou Cáritas, quen poderán representalos ante a
administración autonómica.
A maiores, a Xunta tamén traballará cos
concellos para que os interesados poidan realizar estes trámites a través da
administración local, en concreto, dos servizos sociais, “xa que son eles
precisamente os que mellor coñecen as familias que máis necesitan destas
axudas”, engadiu o delegado territorial.
Cores Tourís recordou que o Goberno galego duplica a cuantía dos apoios aos que se pode optar ao
abeiro deste programa. Así, as axudas pasan de 90 a 180 euros anuais para as
familias con dous o menos fillos ao seu cargo, e de 120 a 300 euros no caso das
familias numerosas. Nesta mesma liña, se fai compatible esta axuda coa RISGA,
ampliando a bolsa de potenciais beneficiarios ata os 40.000 fogares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario