A
Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, a concesión de
157.112 € ao Concello de Valga para diversas melloras en camiños veciñais e de
94.125€ ao Concello de Barro para melloras nas liñas de media tensión e outras
infraestruturas eléctricas no campo de fútbol de San Antoniño. Ambas obras
están incluidas no Plan Provincial de Obras e Servizos do 2015.
En
Valga, repararánse ou pavimentaránse camiños nos lugares de Devesa, Campaña,
Barcia, Castiñeiras, Forno, Gándara, Carballiño e Medela, cun prazo de
execución dos traballos de 3 meses.
A
subvención de 94.125 € concedida ao Concello de Barro é para instalar unha liña
de media tensión subterránea, un centro transformador e levar a cabo a reforma
da liña aérea de baixa tensión existente no campo de fútbol de San Antoniño.
O
traballo forma parte do acondicionamento do campo de fútbol de San Antoniño que
implicará melloras tanto de instalacións como de acondicionamento e obra civil.
O
suministro de enerxía eléctrica será de 20 kv de tensión, construiráse unha
rede subterránea e unha frecuencia de 50 herzios. O prazo de execución será de
mes e medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario