Este domingo cambio de hora: As 2:00 serán as 3:00. Toca adelantar reloxios! - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 28 de marzo de 2015

Este domingo cambio de hora: As 2:00 serán as 3:00. Toca adelantar reloxios!





Atención, cambia a hora este domingo: ás 02.00 serán as 03.00


Levámolo facendo desde 1974, aínda que moitos non entendamos aínda porque. De novo, chegou o momento de cambiar de hora. Así, as 02.00 horas da madrugada do domingo pasarán a ser as 03.00 horas, o que, segundo os expertos, dará lugar a un maior aproveitamento das horas de luz ao longo da xornada.
O cambio de hora deste domingo suporá en Galicia un aforro energético en iluminación do un por cento no sector doméstico e do tres por cento no sector servizos, mentres que se alcanza unha diminución do consumo eléctrico total no conxunto da comunidade galega próximo ao 0,4 por cento.
Diso informa a Consellería de Economía e Facenda, a través do Instituto Enerxético de Galicia, nun comunicado no que destaca que o maior aforro deste cambio de hora repercutirá sobre todo no ámbito familiar, xa que no industrial a estrutura de produción mantense de forma constante, con independencia do horario.
O cambio horario vén motivado pola Novena Directiva que rexe o denominado cambio de hora, de obrigado cumprimento para todos os países da Unión Europea, vixente desde o ano 1981 e que se renova cada catro anos.
Esta medida de modificación dos horarios comezou a xeralizarse a partir de 1974, cando se produciu a primeira crise do petróleo e diversos países decidiron adiantar os seus reloxos nos meses de verán para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación.
En todo caso, o Goberno galego remarca a necesidade de utilizar a enerxía dunha forma racional ao longo de todo o ano, a través de pautas como utilizar tecnoloxías que faciliten unha iluminación de baixo consumo ou unha correcta iluminación das vivendas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario