O CEIP DE BARRO ENTRE AS ACTUACIÓNS. 2,652.000 PARA OBRAS DE MELLORA DOS COLEXIOS PÚBLICOS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 31 de marzo de 2015

O CEIP DE BARRO ENTRE AS ACTUACIÓNS. 2,652.000 PARA OBRAS DE MELLORA DOS COLEXIOS PÚBLICOS DA PROVINCIA



O presidente da Deputación,  Rafael Louzán e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez asinaron esta tarde un protocolo de colaboración para xestionar de maneira coordinada preto dun cento de actuacións en centros de educación infantil, primaria e especial. 

A Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria investirán un  total de 2.652.000 euros en obras de mellora de  84 centros educativos da provincia. Así se recolle no protocolo de colaboración que o presidente do ente provincial Rafael Louzán e o conselleiro de Educación asinaron esta tarde para a posta de preto dun cento de actuacións en todos os concellos da provincia. 

Dito acordo ten como principal obxectivo coordinar as obras de reforma, ampliación e mellora (RAM) programadas pola Xunta de Galicia en centros de educación infantil, primaria e educación especial na provincia de Ourense coas actuacións de reparación, conservación e mantemento que son competencia municipal.

1,381.000 euros da Deputación
Así, a Deputación, de acordo para a xestión coordinada das actuacións necesarias para   conservación, mantemento e mellora en centros de educación infantil, educación primaria e educación especial da provincia de acordo coas partidas aprobadas no Plan Provincial de Pontevedra de Obras e Servizos 2015,  destinará 

1,381,000 euros para traballos de reparación, conservación e mantemento nas instalacións de 39 centros educativos  da provincia.
Trátase de traballos tales como pintura, reparación de elementos de carpintería, limpeza de canalóns, arranxos de tellados ou reposición de cristais, e de zonas de xogo, entre outras.

992.000 euros da Consellería

Pola súa parte a Consellería  de Educación financiará  as obras de  reforma, ampliación e mellora en outros 33 centros educativos de 25 concellos. Cun investimento de 992,000 euros, as actuacións previstas atenden á reparación de cubertas, reforma de fachadas, mellora de instalacións eléctricas, pavimento de pistas, eliminación de barreiras arquitectónicas, illamentos, ou caldeiras, entre outras.

Obras de competencia municipal

Asimesmo, no protocolo asinado esta tarde, tamén se recollen  outras 23 actuacións  en centros  de titularidade municipal e que os concellos sufragarán con fondos propios.   Trátase de traballos de acondicionamento que suman preto de 280 mil euros  destinados a ó  correcto mantemento das instalacións educativas.

Mellora nas instalacións deportivas
Co fin de establecer un marco de colaboración  entre a Consellería de Cultura, a Deputación e os concellos para unha maior eficacia dos recursos destinados á educación, a  sinatura deste protocolo tamén atende á mellora nas instalacións deportivas dos centros educativos para satisfacer as necesidades do alumnado. O obxectivo é  poder abrir estas  dependencias ó seu uso por parte do resto da poboación fóra do horario lectivo para fins educativos, deportivos e culturais.  Este feito poderá levarse a cabo sempre e cando que non se interfira na programación das actividades dos centros e que se garanta a súa correcta utilización.

Todas as actuacións recollidas neste protocolo deberán estar rematadas o 31 de decembro de 2015. Se ben, poderase autorizar a modificación destes prazos causas excepcionais e tamén se contempla a posibilidade de engadir novas actuacións ás recollidas neste protocolo.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario