OMIX de Barro: X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DE BARRO” 2015 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 28 de marzo de 2015

OMIX de Barro: X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DE BARRO” 2015


BASES
X CONCURSO
DE
FOTOGRAFÍA
“IMAXES DE BARRO”
2015
CONCELLO DE BARRO

1. TEMAS:
A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.
A auga no Concello de Barro.

2. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista.

1er PREMIO:
A viña e o viño,... = 90 €
A auga no Concello de Barro. =90 €

PREMIO FINALISTA:
A viña e o viño,... =45 €
A auga no Concello de Barro. =45 €

3. CÓMO PARTICIPAR:
Poderán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías polo que non se aceptarán máis de 4 fotografías por persoa.
As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital.

Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós seguintes requisitos:
- Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 30 cm., en color ou en branco e negro e en soporte dixital.
No dorso de cada fotografía deberá figurar:
- tema.
- lema igual para o conxunto de fotografías.
- título de cada una.
Exemplo:
Temas: A auga no Concello de Barro.
Lema: dentro da auga
Titulo da fotografía:xira rio.
Nun sobre pechado co mesmo lema e categoría escrito por fora, deberán axuntar os seguintes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, lema, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada nun sobre pechado a: Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2015”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n. 36194 Barro Pontevedra
Calendario:
- A data de recepción comezará o 20 de abril de 2015 e rematará o 20 Maio de 2015, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluídos.
-Mércores 22 de maio reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet www.barro.es durante o mes de maio de 2015.

Xurado:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o terceiro fin de semana do mes de xuño de 2015

4. RESTRICCIONES
-Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non sexan propiedade do autor.
-Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con anterioridade.
-As fotografías deberán ser realizadas dentro dos límites do Concello de Barro.
O participante manifesta e garantiza ó concello de Barro que é o único titular de todos los dereitos do autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
-A participación no Concurso leva a cesión por parte dos gañadores e finalistas a favor do Concello de Barro dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras fotográficas, e a exposición dos seus traballos durante o ano 2015. Así mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro como na Web www.barro.es, sempre citando a procedencia e autor.
-Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta convocatoria serán descalificados automaticamente.

5. XERAIS
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós participantes que pasarán a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí expostas.

Barro 23 de marzo de 2015.
O alcalde.
Asdo.: José Antonio landín Eirín

http://barro.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=551

No hay comentarios:

Publicar un comentario