·
No transcurso das xornadas
previas ás xornadas festivas, as unidades móbiles do CTG visitan máis de
medio cento de concellos galegos para conquerir a colaboración dos
cidadáns
Facilitar o acceso dos cidadáns
á doazón de sangue é o principal obxectivo da campaña de doazón en
Semana Santa que promove a Consellería de Sanidade, por medio do Centro
de Transfusión de Galicia (CTG). As dez unidades móbiles do CTG están a
visitar, na campaña de doazón nas xornadas previas
a Semana Santa, máis de medio de concellos galegos para acadar unha
media de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o
desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.
As
necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen neste período
vacacional, xa que se incrementan as urxencias derivadas dos accidentes
de
tráfico e é necesario manter estable o volume de doazóns de sangue, nun
período no que se rexistra unha maior deslocalización dos doadores e
doadoras habituais.
Obxectivos
Durante
a campaña de Semana Santa do presente ano, o CTG tenta acadar unhas
3.000 doazóns de sangue, cifra que garante o axeitado desenvolvemento
do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. Ademais, faise
precisa a colaboración de doadores e doadoras de todos os grupos
sanguíneos.
O
CTG agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para
iso, ofrecerá as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o
desprazamento
de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:
DATA
|
CONCELLOS
|
Luns 30 de marzo
|
Bº
Os Mallos (A Coruña), Tal (Muros), Paderne, Porto do Son, Vimianzo, O
Saviñao, Escairón, Bande, Lobeira, A Estrada, Redondela e Rúa Barcelona
(Vigo).
|
Martes 31 de marzo
|
A
Laracha, Zona Monelos Castrillón (A Coruña), Muros, Ortigueira, Área
Central-Fontiñas (A Coruña), Xove, Allariz, A Estrada, Baiona e
Redondela
|
Mércores 1 de abril
|
Carballo,
Cedeira, Vilaboa (Culleredo), Ribeira, Área Central-Fontiñas
(Santiago), Viveiro, Verín, Cangas do Morrazo, Marín e Moaña
|
Sábado 4 de marzo
|
A Capela, Carballo, Ribeira, Paradela, Portomarín e Cangas do Morrazo
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
(A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar: moi sinxelo
Pode
doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50
quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles
polo
sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo
que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e,
mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, o CTG dispón da páxina web:
ctg.sergas.es
e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera
dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos
desprazamentos das unidades móbiles:
900 100 828
Doazón de medula osea
A
Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía a importancia da
doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a
Fundación
Josep Carreras teñen a disposición dos cidadáns a web http://galicia.medulaosea.org
que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste
enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten
serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos
profesionais sanitarios.
Poden
ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan
ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa
vida polo feito da doazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario