A CAMPAÑA DE VERÁN OFERTARÁ ESTE ANO MÁIS DE 1.820 PRAZAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, DESTACANDO O CAMPO DE TRABALLO DE COTOBADE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 24 de marzo de 2015

A CAMPAÑA DE VERÁN OFERTARÁ ESTE ANO MÁIS DE 1.820 PRAZAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, DESTACANDO O CAMPO DE TRABALLO DE COTOBADE



 §         O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recorda que os mozos e mozas poden optar a diversas actividades: campamentos,  oferta concertada e campos de traballo 
§         Por cuarto ano consecutivo, o Goberno galego volve incrementar o número de prazas, nun 3,2 por cento, sendo a programación máis ampla de todo o Estado
§         Como novidade este ano, incorpóranse as quendas IMPLÍCA-T para maiores de 14 anos que incluirán actividades de educación non formal e voluntariado
§         O orzamento supera este ano os 2,4 millóns de euros e permitirá a contratación de máis de 900 persoas como monitores e directores de tempo libre

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a publicación no DOG de hoxe da campaña de verán, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, e que ofertará este ano 1.820 prazas na provincia de Pontevedra tanto para campamentos, como para oferta concertada e campos de traballo, incorporando, como principal novidade, unha nova programación en campamentos para os maiores de 14 anos.

Segundo recordou Cores Tourís, a programación inclúe campamentos, oferta concertada, campos de traballo e actividades para maiores de 18 anos. Para poñer en marcha todas estas actividades, o Goberno galego investirá 2,4 millóns de euros, un financiamento que permitirá, ademais, a contratación de máis de 900 persoas como monitores e directores de tempo libre.

“Por cuarto ano consecutivo, a Xunta incrementa as prazas da campaña de verán, o que nos permite organizar a programación máis importante de todo o Estado”, destacou o delegado territorial, quen recordou que os interesados tamén poderán optar a prazas noutras comunidades autónomas (País Vasco, Castela e León, Estremadura e A Rioxa).

A duración das quendas, que terán lugar entre xullo e agosto, variará en función da idade dos participantes e das características dos campamentos, e oscilará entre os 8 e os 12 días.

Será precisamente neste tipo de actividades onde se incorporará a principal novidade deste ano. Por primeira vez, poranse en marcha os campamentos IMPLÍCA-T para mozos entre 14 e 17 anos. Neles, ademais das tradicionais actividades de ocio e tempo libre, os participantes contarán con outras accións como a participación na conservación de espazos, a colaboración na sensibilización contra os incendios forestais ou dinamización do camiño. Deste xeito, a través da educación non formal que proporcionan o voluntariado e a participación, adquirirán e desenvolverán valores como o compromiso, a responsabilidade, a iniciativa ou o traballo en equipo.

Na provincia de Pontevedra ofreceranse así 1.260 prazas para campamentos, 380 para oferta concertada e 180 para campos de traballo.

Así, en canto as instalacións xuvenís, o campamento de Pontemaril en Forcarei contará con 540 prazas, o das Sinas en Vilanova de Arousa con 480 e o de a Illa de Ons en Bueu con 240.

O DOG tamén publica hoxe tamén a oferta concertada. A través desta fórmula, Xuventude pon as súas instalacións a disposición de concellos, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas e outros colectivos para que organicen as súas actividades. Neste eido, os tres campamentos xuvenís ofertarán 380 prazas entre o 10 de agosto e o 10 de setembro.

A programación da campaña de verán inclúe tamén os campos de traballo, cuxa convocatoria estará dispoñible o próximo mes. Esta experiencia de voluntariado e mobilidade contará con máis de 485 prazas en Galicia, das que 180 serán na provincia de Pontevedra, centrados, en concreto, en temas medioambientais: Illas Cíes, Cotobade, Ribadumia e Illa de Cortegada (Vilagarcía).

No caso de Cotobade, o campo de traballo Emprendemento Verde no Rural ofrecerá aos mozos e mozas a posta en marcha de tarefas de recuperación e reivindicación, divulgación e concienciación medioambiental.

As quendas serán de 10 ou 12 días ao longo do verán e os voluntarios poderán participar en actividades ambientais, etnográfica, sociais, arqueolóxicas ou de fomento do emprendemento. Poderán participar mozos e mozas galegos, residentes noutras comunidades autónomas, procedentes de países estranxeiros, así como voluntarios da Galicia exterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario