· Louzán
afirma que <o proxecto non é máis que a nosa decidida aposta pola xestión
intelixente dos bens e dos activos da provincia>
· O obxectivo
principal de DepoGap é dotar aos concellos de información interna que lles
permita optimizar a xestión dos seus activos municipais e lles axude na toma de
decisións
Unhas duascentas personas entre alcaldes, enxeneiros e técnicos
municipais participaron hoxe nunha xornada de traballo que tivo lugar na
Deputación de Pontevedra sobre <DepoGap: xestión de activos da provincia de
Pontevedra> presidida polo presidente, Rafael Louzán, e na que tomaron parte
Amancio Varela, xefe de Novas Tecnoloxías, técnicos e responsables da empresa
adxudicataria do proxecto, así como a deputada Begoña Estévez.
A vindeira semana, 12 equipos, formados por 112 profesionais, iniciarán o
desenvolvemento do proxecto nos concellos da provincia.
DepoGap é un proxecto de base tecnolóxica, cofinanciado nun 70% a través
de fondos FEDER, que mellorará os servizos públicos prestados implementando un
novo modelo innovador de xestión intelixente dos seus activos provinciais
(edificios públicos, instalacións polideportivas, mobiliario urbano, etc.)
mediante a colaboración dos concellos e a participación dos cidadáns na xestión
municipal.
<DepoGap non é máis que a nosa decidida aposta pola xestión
intelixente dos bens da provincia>, afirmou Louzán <polo que haberá un
antes e un despois do proxecto en canto
ao xeito de xestionar na provincia>.
O presidente destacou que o proxecto dotará aos concellos de información
que lles permita optimizar a xestión dos seus activos e axude a tomar decisións
eficientes sobre eles. Suliñou que fomentará a participación cidadá coa
Administración e que permitirá adquirir o coñecemento necesario sobre a
eficiencia enerxética para disminuir o gasto e o impacto medioambiental
mediante o uso eficiente dos activos públicos.
Qué inclúe
DepoGap
Amancio Varela explicou que DepoGap inclúe realizar un inventario de
activos dos concellos da provincia e da propia Deputación; implantar unha
Plataforma Tecnolóxica á que terá acceso os concellos para xestionar eses seus
activos, así como un cadro de mando integral para que facilite a toma de
decisións municipais, e un portal e unha aplicación para dispositivos móbiles
que permitan a participación cidadá; e finalmente inclúe realizar probas piloto
de eficiencia enerxética sobre ámbetos como a iluminación pública, infraetsruturas
deportivas e outros que xenerará un coñecemento necesario para mellorar a
xestión.
Amancio Varela asegurou que, coa implantación do proxecto, <a provincia de Pontevedra será a
primeira Administración Intelixente de España>, algo que situará aos concellos
e á Administración Local noutro xeito, máis moderno, eficiente, eficaz e con
máis aforro, de xestionar pois <o obxectivo principal deste proxecto é dotar
os concellos de información interna que lles permita optimizar a xestión dos
seus activos municipais e lles axude na toma de decisións>.
Os activos
municipais
Por activos municipais enténdese o conxunto de bens, dereitos e recursos
que pertencen ó ámbito municipal, por exemplo edificios públicos, instalacións
polideportivas, centros sanitarios, centros de ensino, vías públicas, parques e
xardíns, iluminación pública, frotas de vehículos, mobiliario e dotacións
urbanas, sistemas de auga, de rede de sumidoiros ou colectores, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario