O presidente Rafael Louzán presidiu esta mañá
o acto de entrega dos diplomas e distintivos do Sistema Integral de Calidade
Turística (Sicted) co destino Rías Baixas.
188 empresas e establecementos da provincia de Pontevedra
recibiron esta mañá das mans do presidente da Deputación, o distintivo que que “ premia o traballo, a
dedicación realizado último ano nesa aposta pola calidade que xa se ven realizando no sector turístico
co fin de ir un eslabón máis na procura da excelencia turística”, segundo
manifestou na súa felicitación aos galardoados, Rafael Louzán.
188 DISTINTIVOS DE
CALIDADE
Turismo Rías Baixas foi
pioneira en España na implantación deste Sistema Integral de Calidade
Turística en Destinos (SICTED). En 2014 realizouse a 9ª fase deste Plan de
Calidade destinado a empresas que desarrollan a súa actividade nas Rías Baixas. E esta mañá
distinguiuse a 48 novas empresas e
renovouse a marca a outros 140
establementos que xa participaran en anteriores fases, logrando un total de 188 empresas distinguidas na provincia de Pontevedra.
Agrupados
en 17 categorías (13, Axencias de
viaxes, 1 Albergues, 32 Aloxamentos Rurais, 2 Bares e Cafeterías, 10Adegas, 6
Campings, 8 Comercios. 11 Empresas de Transporte Turístico, 8 Empresas de
Turismo Activo, 1 Escola de español para estranxeiros, 1 Guías turísticos, 31
Hoteis e Apartamentos Turísticos, 16
Museos
e centros de Interpretación Turística, 10 Oficinas de Información Turística, 5
Outros Servizos, 6 Praias, 1 Porto Deportivo, 11 Restaurantes, 2 Servicios
Turísticos de Saúde, 12 Taxis e 1 empresa de Turismo Industrial), estes 188
establecementos e empresas “ atesouran
que se están a facer ben as cousas ano a ano.
Galicia e as Rías baixas son un destino único e só falta poñerlle o
cariño para ue o visitante reciba ese
complmento de calidade. O resto xa o temos:
unha paisaxe única, unha gastronomía única e destinos inmellorables”, segundo
asegurou Rafael Louzán
Este
diploma de Calidade Turística en
Destino acredita o compromiso coa calidade e a mellora continua, distingue ó
establecemento frente á competencia e ten validez bianual. “A Deputación está a facer un seguemento para que non se perda unha gran oportunidade
de consolidar o sector nese obxectivo de conseguir a excelencia turística”.
O
cociñeiro Yayo Daporta que conta cunha estrela Michelín e o recoñecemento dun
sol da Guía Repsol no seu restaurante
de Cambados, compartiu a súa experiencia profesional cos resto de galardoados
asegurando que “o éxito só é o resumo de
buscar no traballo diario a máxima calidade co fin de oofercerlle o máximo ós
clientes”.
SEXTO DESTINO TURÍSTICO
Os
Sistemas de Calidade nas empresas turísticas, implantados nas Rías Baixas dende
o 2005, resultan fundamentais para conseguir que o cliente se sinta satisfeito
co consumo dos productos e servicios turísticos da provincia de Pontevedra, á
vez que se consolida o destino Rías
Baixas como un destino competitivo e
diferenciado grazas ao traballo de todos os axentes turísticos que apostan pola
calidade no seu Servizo. “Temos que
seguir consolidando o sector para lograr a excelencia turística”. As Rías Baixas son na actualidade o sexto
destino turístico de España e con esta aposta “podemos escalar un ou dous
postos e, eso, para a nosa economía e a xeración de oportunidades de traballo é
o mellor que se pode facer neste momento”, asegurou o presidente da
Deputación
En 2014, en Galicia
recibiu a visita de 3,6 millóns de turistas, un 7,1% máis que o ano anterior. 1.041.960
destes visitantes, escolleron a
provincia de Pontevedra como destino, o que a coloca como o segundo
lugar da Comunidade máis visitado despois de Santiago.
NICHO DE EMPREGO EN 2015
O presidente da Deputación asegurou que coa
impliación de todos os axentes do
sector turístico da provincia este
será un ano “ de boas expectativas”. O Turismo liderou a xeneración de emprego, con 53.213 afiliados máis á Seguridade
Social, un 4,3% que no 2013. “Este debe ser o ano da recuperación e da
consolidación dun dos sectores que a
pesar da crise, resistiu. Só vos pedimos a vosa implicación para que fagamos
unha aposta clara polo emprego. Nos seus parabéns Rafael Louzán tamén lles pediu aós galardoados que
aproveiten esa aposta pola calidade para facer deste sector “nicho de emprego”, xa que “hoxe en
día hai moitas persoas formadas e preparadas que ogallá poida atopar con vós un
nicho de oportunidades. Se é asó ano a ano irémonos superando a nós mesmos”.
SMART DESTINOS
Asimesmo o
presidente da deputación tamén anunciou quen en mes e medio as Rías Baixas
serán un novo “ Smart destino” grazás ao traballo conxunto da Administración
provincial e o sector privado para que
o “ sector turístico da provincia teña un valor engadido que
aporte riqueza e creación de emprego na comarca e en definitiva en toda
Galicia.” Louzán puxo de manifesto
que a nosa comunidade “é un reclamo no
territorio nacional e noutros países que apostan por Galicia como destino de
calidade e de excelencia turística”
No hay comentarios:
Publicar un comentario