172 PERSOAS FORMARANSE NO MANEXO DE DESFIBRILADORES NOS 9 CURSOS QUE SE CELEBRARÁN DO 10 AO 13 DE XUÑO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 10 de junio de 2013

172 PERSOAS FORMARANSE NO MANEXO DE DESFIBRILADORES NOS 9 CURSOS QUE SE CELEBRARÁN DO 10 AO 13 DE XUÑO


A Deputación instalará desfibriladores en 80 instalacións deportivas da provincia

·       37 concellos recibirán estes mecanismos, cos que se pretende evitar posibles mortes en lugares de afluencia masiva de público
·       Os cursos desenvolveranse en varios concellos da provincia, para facilitar a participación
Un total de 172 persoas recibirán formación sobre o manexo de desfibriladores nos 9 cursos que a Deputación de Pontevedra porá en marcha entre o 10 e o 13 de xuño.

O obxectivo destas xornadas e formar persoal para a utilización dos desfibriladores semiautomáticos externos que a Administración Provincial instalará en 80 instalacións deportivas de 37 concellos da provincia, así como no Pazo Provincial, no Centro Príncipe Felipe e no Museo, edificacións dependentes da Deputación e que adoitan ter unha importante afluencia de visitas. 

A Deputación adxudicou á empresa Cardiva 2 SL o contrato para o subministro dos anteditos 80 desfibriladores semiautomáticos externos e, aínda que se trata de aparellos que reúnen as condicións necesarias para que poidan ser empregados sen ningún risco por persoas sen formación, decidiuse organizar estes cursos para que nas instalacións nas que se localicen sempre haxa alguén cuns coñecementos amplos que lle permita actuar con axilidade e sen temores.

Os lugares escollidos para o desenvolvemento da formación son o  Edificio Administrativo da Deputación; o Centro Social de Barrantes (Ribadumia); o Concello de Lalín; o Auditorio Municipal de Valga; o Multicentros Torneiros de O Porriño; o Centro Multiusos Ángel Bedriñan de Baiona; o Centro de Desenvolvemento Local de Mos; e o Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui.

O aparello que se vai instalar é dos máis avanzados do mercado e cada un deles terá un custo de 1.300 €, que será financiado ó 50% entre os concellos e a Deputación. Para maior garantía da protección da saúde nos espazos deportivos, incluiranse tamén 3 cánulas de Guedel para cada unha das instalacións. 

Os concellos que se adheriron ó programa son Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cotobade, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces e a Deputación.


PLANIFICACIÓN CURSOS
Luns  10 de xuño
·       Curso 1.- Para persoal da Deputación e dos concellos de Barro, Cotobade, Poio, Ponte Caldelas e Cangas. No Edificio Administrativo  da Deputación e con 18 prazas.

·       Curso 2.- Concellos de Ribadumia, Sanxenxo, Meis, O Grove, A Illa de Arousa. No Centro Social de Barrantes, para 20 persoas

Martes  11 de xuño
·       Curso 3.- Persoal da Deputación e dos concellos deVilaboa, Marín e Moaña. Edificio Administrativo da Deputación , con 22 persoas

·       Curso 4.- Persoal de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro e Agolada. Na Casa Consistorial de Lalín, con 16 prazas

·       Curso 5.- Persoal de Valga, Catoira, Cuntis, Moraña, A Estrada. No Auditorio Municipal de Valga, con 22 prazas

Mércores 12 de xuño
·       Curso 6.- Para persoas de O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra e Arbo. No Multicentros Torneiros, de O Porriño. Con 18 persoas

·       Curso 7.- Baiona, Gondomar e Nigrán. Centro Multiusos Ángel Bedriñán de Baiona, 18 persoas.

·       Curso 8.- Mos, Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén. No Centro de Desenvolvemento Local de Mos, 20 persoas

Xoves 13 de xuño
·       Curso 9.- Tui, A Guarda, Oia e Tomiño. No Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, 18 persoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario