Louzán clausurou en Madrid o cumio Estatísticas
de Residuos ¿Onde estamos? ¿Onde queremos estar?
·
O presidente
da Deputación presidiu en Madrid a Comisión de Medio Ambiente da FEMP, na que,
entre outros temas, se abordou o papel das entidade locais na xestión dos
residuos
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán,
presidiu esta mañá en Madrid a Comisión de Medio Ambiente da FEMP, na que,
entre outros asuntos, se abordou o papel das entidades locais e a situación
actual da xestión de residuos.
Este foi tamén o tema do cumio Estatísticas
de Residuos ¿Ónde Estamos? ¿Onde queremos estar?, organizado polo Instituto
para a Sustentabilidade dos Recursos e que clausurou Rafael Louzán. O obxectivo
central das xornadas foi analizar a situación na que se atopa a xestión dos
residuos en España e, especialmente, a necesidade de establecer uns parámetros
estatísticos que permitan avaliar o estado actual e, sobre todo, cumprir cos
obxectivos marcados pola Directiva Europea de Residuos.
Cómpre ter en conta, tal e como subliñou o presidente da Deputación, que a
nova lei de residuos e a directiva europea marca para 2020 uns obxectivos de
reciclaxe e reutilización que todos os países deberán cumprir e que, en
consecuencia, vai esixir un enorme esforzo de todas as administracións e, en
especial, dos concellos, que son os que teñen competencias na materia.
1.500 composteiros
Nesta liña, a Deputación de Pontevedra ten xa en marcha varias iniciativas
orientadas a facilitar a prestación do servizo de recollida de lixo nos
concellos da provincia e, en consecuencia, a cumprir coa nova normativa que
establece, entre outras cuestións, a redución ata 2020 dun 10% do peso do
residuo que vai á recollida e a esixencia de reciclar ou reutilizar como mínimo
o 50 % do papel, metal, plástico e vidro procedente de residuos domésticos y de
outros orixes de características similares a los domésticos.
Entre as medidas nas que se está a traballar e que perseguen, precisamente,
avanzar no cumprimento deses dous obxectivos, é o plan piloto de compostaxe que
suporá a distribución, inicialmente, de 1.500 contedores entre outras tantas
familias da provincia, o que permitirá sacar da cadea de recollida de lixo máis
de 750 toneladas de residuos orgánicos ao ano.
A elas hai que sumar a reorganización do servizo que se pretende realizar
nos 39 concellos da provincia que decidiron sumarse ao proxecto de posta en
marcha dun servizo conxunto de recollida de lixo e que permitirá ir dando pasos
na reciclaxe e reutilización de vidro, papel e cartón, plástico e outros
materiais, así como na redución de residuos en orixe.
A provincia de Pontevedra xera o 34% dos residuos que se recollen en toda Galicia,
o que supón un total de 390.000 toneladas.
No caso dos concellos que solicitaron sumarse a un servizo provincial de
recollida, a xeración de residuos achégase ás 100.000 toneladas. Delas,
sepárase un 11% de envases, papel,
cartón e vidro para destinalo á reciclaxe.
Na súa intervención nas xornadas sobre Estatísticas
de Residuos Louzán salientou a necesidade de que os concellos conten con
todo o apoio posible para poder facer fronte aos novos retos e destacou as
medidas que está a adoptar a FEMP, como a redacción dunha ordenanza tipo para
regular a recollida de lixo ou un prego de condicións para a adxudicación do
servizo nos concellos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario