As
medidas están incluidas nunha modificación de créditos que se aproba mañá en
sesión plenaria
·
No 2013,
invisteu en varios plans 20 millóns para contratar 3.370 traballadores por 6
meses ou un ano
·
Nos tres
últimos anos, a débeda baixou do 101% ao 48% e queda cifrada en 68 millóns.
·
O PID do 2013
contará con 15 millóns e no do 2012, que tivo 18 millóns, foron adxudicatarias 250 empresas.
Un
novo Plan de Emprego, dotado con 7 millóns de euros; o destiño de 15 millóns
para o Plan de Investimentos (PID) do ano 2013; e a amortización de débeda, por
valor de 24,9 millóns de euros, foron as tres novas iniciativas de investimento
e emprego presentadas hoxe en rolda de prensa polo presidente da Deputación de
Pontevedra, Rafael Louzán, e polo vicepresidente económico, José Manuel
Figueroa.
As
tres iniciativas, según explicou Louzán, están incluidas na modificación de
créditos que mañá aprobará o Pleno da Corporación Provincial.
No capítulo do Emprego, Louzán destacou
que, este ano, a Deputación de Pontevedra xenera a contratación de 3.370
traballadores en diversos plans que teñen unha cuantía total de 20 millóns de
euros.
Eses
plans son, dun lado, os relativos á contratación, cun coste de 3,5 millóns, de
500 becarios, sin experiencia laboral previa, para combatir o paro xuvenil e
satisfacer necesidades das distintas administración locais. Tamén a
contratación de 720 operarios (12 por concello) non cualificados e parados para
desenvolver traballos municipais (limpeza de praias, servizos, etc.). Asemesmo,
a ocupación doutros 150 operarios, financiados con convenios coa Xunta. E,
finalmente, os que se derivarán do novo Plan de Emprego que, dotado con 7
millóns, mañá será aprobado no Pleno e que, según dixo Louzán <terá carácter
innovador>.
<En
total, perante o ano 2013, a Deputación xenera a contratación directa de 3.370
traballadores por seis meses ou un ano a través duns plans que teñen unha
cuantía de 20 millóns e sen contar as contratacións indirectas que as 250
empresas que desenvolven obras do PID 2012 levan a cabo>, resumeu Louzán.
Na súa
comparecencia, Louzán anunciou tamén a aprobación do Plan de Investimentos (PID) para o ano 2013 por 15 millóns de euros
para infraestruturas básicas nos concellos. E lembrou que os traballos do PID
2012, dotado con 18 millóns e dos que son adxudicatarias 250 empresas, están
saindo a licitación estes días.
Respecto
da amortización da débeda, o
presidente da Deputación explicou que, este ano, a institución provincial
amortizará 24,9 millóns de euros <9 xa previstos nos presupostos e 15 máis
incluidos na modificación de créditos que mañá se aproba>.
Louzán,
que reiterou que a débeda da Deputación será de <cero euros> no horizonte
do 2018, afirmou que <no ano 2010, a débeda da Deputación era do 101% sobre
o presuposto de ingresos e agora, a 31 de decembro de 2013, será do 48%:
baixamos 53 puntos en só tres anos>. Explicou que, nos últimos tres anos, a
Deputación de Pontevedra non acudeu a préstamos e destacou que <con esta amortización
extra, a débeda quedará a finais do 2013 en 68 millóns (o 48%) e o aforro neto
dos próximos exercicios aumentará en 3,1 millóns de euros>.
Dende
o ano 2008, a institución provincial pontevedresa leva amortizados 65,9
millóns: 2 no 2008; 9 no 2009; 11 no 2010; 19 no 2012; e 24,9 este ano de 2013.
Para
Louzán, as tres anteditas medidas, incluidas na modificación de créditos de
mañá, siguen a liña de actuación fixada polo goberno provincial en canto a
rigor orzamentario e austeridade (que suprimeu sete organismos autónomos, paga
a 20 días, reduxo personal eventual e número de traballadores, entre outras
medidas), en canto a reforzo de cooperación cos concellos (<de nada valería
a austeridade se non vai acompañada de medidas orientadas a dar resposta a problemas
e demandas dos cidadáns e sentar as bases para o crecemento e o impulso do
benestar social>, dixo), e de compromiso social <pois mantivemos o gasto
social e o apoio a asociacións e colectivos sen deixar de emprender iniciativas
novidosas para impulsar o crecemento e o emprego>, conclueu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario