- Participan 4 fábricas 100% galegas e artesanais en dito evento
 - Poderanse degustar ata 10 cervexas artesanais distintas entre a degustación e unha cata.
 - Nas degustacións poderanse tomar as cervexas artesanais e artesanais premium a 4€ ou 5€ respectivamente, acompañadas da típica Bratwurst alemana.
 - Na cata das cervexas implicáronse varias D.O.P e I.X.P. de Galicia para promocionar e maridar os seus productos con cervexa artesanal e galega 100%.
 
No Parque da Natureza de Barosa, no local hosteleiro Muiñada BarosaGastro, 
terá lugar o día 29 de Xuño a partires das 12 horas da mañán a I Festa das Cervexas Artesanais de Galicia, organizada pola AC Fervenza da Barosa.
No programa, que estará íntegro na web www.barrocervexafest.tk
 a partires do domingo día 23 de Xuño, inclúese a degustación das 
cervexas artesanais de Galicia (made in Galicia 100%) das fábricas 
existentes, Saramagal de Barro, Dama Alaricana de Allaríz, Menduiña de Cangas e De Lago de Vigo.
O 
prezo establecido para a degustación será de 4€ cervexa artesanal + 
salchicha Bratwurst (inclue salchicha, pan de salchicha, salsa artesanal de cebola e
 pemento e mostaza/salsa de tomate de alta calidade). Con cervexa 
artesanal premium o prezo será de 5€. O formato de pago será en ticket 
pre-pago situado na entrada do local hosteleiro, con duas metades 
seccionadas para recoller a cervexa e a degustación gastronómica. O 
horario da degustación será de 12.30 ata as 23.00 horas da xornada.
As 4 fábricas de cervexa artesanal 
contarán con expositores, nos que ademáis quen o desexe, poderá 
interesarse polas cervexas que elaboran, obter información, etc nos 
stands que estarán alí situados, ou poder mercar en formato de "caixa" 
as cervexas artesanais de cada fábrica (incluso as que non participen na
 degustación). Os prezos serán os establecidos polas fábricas. O horario
 da exposición será das 12.30 ata as 15.00 e das 16.00 ás 21.00 horas da
 xornada.
Para os máis interesados na cervexa
 artesanal haberá unha cata comentada das cervexas artesanais máis 
selectas de cada fabricante. Serán 4 as cervexas e estarán acompañadas 
dunha selección de pinchos elaborados en conxunto coas D.O.P ou I.X.P. 
como Castaña de Galicia, San Simón da Costa, etc. O prezo desta cata 
será de 15€. O número máximo de participantes serán de 20 baixo preinscripción a través da mail fervenzadabarosa@gmail.com ou barrocervexafest@gmail.com. Preténdese fomentar así o consumo do producto 100% galego e de calidade.
Tamén se contará cunha exposición
de cuadros elaborados con cervexa artesanal, feitos pola artista galega 
Inia Vilar (INIA ART) https://www.facebook.com/ pages/INIA-ART/533428193345216 ,
 que estará exposta dende as 12.00 ata as 21.00 horas da 
xornada. A característica principal das súas obras é o pintado das obras
 pigmentando e buscando as paletas de cores con cervexas artesanais.
A música cervexeira tomará a noite no local @BarosaGastro e a partires das 22.30 horas. A entrada será gratuita.Tanto en horario de cea ou comida, o local hosteleiro @BarosaGastro elaborará ese día un "menú especial cervexeiro" que poderán degustar as persoas que se acheguen ata Barosa.
Achégate a Barro a disfrutar do turismo, da cervexa e da gastronomía!
www.barrocervexafest.tk
www.barrocervezafest.tk
www.barrobeerfest.tk
https://www.facebook.com/
https://twitter.com/

No hay comentarios:
Publicar un comentario