A
Deputación de Pontevedra _a través da Oficiña Virtual Tributaria do ORAL_ puxo
en funcionamento unha ferramenta (denominada Web Services) que permitirá aos
contribuintes obter, durante o periodo voluntario de cobranza, duplicados dos seus recibos que non estean
aboados ou domiciliados, sen necesidade de dispór de certificado dixital ou
DNI.
Con
este sistema, os contribuintes só terán que elexir o concepto correspondente
_IBI, vehículos, IAE, entrada de carruaxes, etc._, introducir o NIF e o número
fixo que identifica o obxecto tributario correspondente e que figura no recibo
do ano anterior.
Unha
vez obtido o recibo correspondente, o contribuinte poderá imprimilo ou págalo a
través dunha entidade bancaria ou ben mediante tarxeta bancaria, utilizando a
ferramenta de pagamento da OVT que non esixe autentificación.
Coa incorporación desta
ferramenta, o ORAL mellora notablemente a calidade dos servizos que presta ao
contribuinte pois evitará desprazamentos innecesarios e reducirá costes
derivados da xestión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario