Convócanse 5.528 prazas e ofertaranse un mínimo de 4
balnearios, talaso ou spa
·
Máis de 26.000 persoas participaron xa neste programa,
desde a súa posta en marcha en 2006
·
Os beneficiarios disfrutarán de 5 tardes no
establecemento escollido
·
Os concellos que decidan adherirse terán un prazo de 15
días naturais desde a publicación da convocatoria no BOP e os particulares
disporán de 20 días
Os interesados en participar no
programa diúrno de balnearios Coidarte poden
xa presentar as súas solicitudes vén nos concellos vén no rexistro da
Deputación. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases deste
programa, que ten como obxectivo que persoas maiores de 50 anos, pensionistas
ou coidadores de dependentes que precisan de respiro familiar poidan gocen duns
días de descanso e lecer en balnearios, spa e talaso da provincia.
O programa inclúe actividades
encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e o envellecemento activo, así
como a fomentar as relacións sociais.
Nesta ocasión convócanse un
total de 5.528 prazas e ofertaranse cando menos catro balnearios que os
beneficiarios poderán elixir en función das súas preferencias.
As bases do programa
recollen que a Administración Provincial destinará para esta actividade un
total de 193.500 euros, a razón de 35 euros por beneficiario. Pola súa banda,
os concellos que decidan adherirse ao programa deberán subvencionar con outros
10 euros cada praza, co obxectivo de reducir ao máximo o prezo que abonen os
beneficiarios.
As persoas que desexen
participar neste programa e que sexan veciños ou veciñas de concellos non
adheridos, poderán solicitar igualmente a súa participación directamente na
Deputación, aínda que neste caso só se beneficiarán da subvención de 35 euros
da Administración Provincial
26.000 beneficiarios
Desde que en 2006 se
puxera en marcha este programa, son xa máis de 26.000 as persoas que
participaron nel, tendo ocasión de disfrutar de 5 tardes, de luns a venres, nun
balneario, talaso ou spa da provincia a prezos reducidos e contando, ademais,
con transporte de ida e volta entre o seu concello de residencia e o
establecemento hoteleiro elixido.
Esta gran acollida do
programa é a que animou á Administración Provincial a continuar co
desenvolvemento de Coidarte, que
neste ano incrementa as súas prazas ata as 5.528
No hay comentarios:
Publicar un comentario