A Fervenza da Barosa incluida no programa "Coñece a túa provincia" da Deputación de Pontevedra - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 29 de junio de 2013

A Fervenza da Barosa incluida no programa "Coñece a túa provincia" da Deputación de Pontevedra


Realizaranse 15 rutas por todas as comarcas e o prezo de cada viaxe será de 19,90 euros, dos cales 9,90 os achegará a Deputación

MÁIS DE 20.000 PERSOAS PODERÁN PARTICIPAR ESTE ANO NO PROGRAMA COÑECE A TÚA PROVINCIA

Máis de 20.000 persoas participarán un ano máis no programa Coñece a túa provincia que impulsa a Deputación Provincial e que está a ter unha gran acollida. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, informou hoxe en rolda de prensa da adxudicación da execución deste programa á empresa Halcón Viajes, que ofertará un total de 15 rutas por todas as comarcas da provincia.
Cada unha destas rutas terá un prezo de 19,90 euros, pero os participantes nas viaxes só terán que abonar 10 euros, dado que os 9,90 restantes os achegará a Deputación.
Louzán salientou o éxito deste programa desde a súa posta en marcha. De feito, o incremento de participantes é constante e se en 2010 foron 10.000 as persoas participantes, en 2011 superáronse as 12.000 e o pasado ano as 17.000.
Este ano agárdase aínda unha maior demanda, de forma que se estima que máis de 20.000 persoas van ter ocasión de percorrer distintos puntos da provincia para coñecer a riqueza paisaxística, monumental e cultural da nosa provincia.
As asociacións que desexen acollerse a este programa poderán facelo ata o 20 de xullo, como xa o fixeron o pasado ano un total de 340 colectivos.
O obxectivo deste programa é dobre, xa que por unha banda se pretende fomentar o coñecemento dos recursos propios da provincia e, pola outra, contribuír a dinamizar o turismo e a economía local.
As rutas abarcan todas as comarcas e son as seguintes:
·       1 Edificios da Deputación: Pazo Provincial, Palacete das Mendoza, Museo, Pazo de Lourizán, Castelo de Soutomaior
·       2 Tabeirós-Terra de Montes: Pazo de Oca, Mosteiro de Carboeiro, fervenza do Toxa, conxunto etnográfico de Codeseda
·       3 Deza: Mouriscade, Museo Ramón María Aller, Fraga de Catasós, fábrica de queixos Pazo de Anzuxao
·       4 Marítima: ruta de Arousa-O Grove con degustación de produtos das rías; visita á Illa de A Toxa, ao miradoiro de monte Siradella e á praia da Lanzada
·       5 Enoturismo: Cambados, con visita a adegas e degustación de viño; Museo etnográfico de Viño, Barrantes e ruta dos muíños
·       6 Mosteiro de Armenteira: sumando a ruta da Pedra e da Auga, pazo de Señoráns, e Monte do Castro.
·       7 Conxunto histórico de Combarro, mosteiro de Poio e mirador de Castrove.
·       8 Parque arqueolóxico de Campo Lameiro, Cerdedo, e conxunto histórico de Pontevedra
·       9 Redondela: conxunto histórico, camiño de Santiago, praia e porto de Cesantes e Illa de San Simón
·       10 Cangas: Santo André de Hío, cabo Home e costa de Soavela
·       11 Salvaterra de Miño: parque A Cernuda, paseo fluvial do Miño, e centro de interpretación do viño e da Lamprea en Arbo.
·       12 Baiona: conxunto histórico, fortaleza de Monterreal, carabela A Pinta, Virxe da rocha, Santa María de Oia
·       13 A Guarda: Santa Trega, mirador, porto; e conxunto histório de Tui, catedral e paseo fluvial Miño.
·       14 Fervenza da Barosa en Barro, azucreira de Portas, miradoiro dos vales do Umia en Portas; e xa en Caldas de Reis, exposición de Domingo Fontán, casco vello, ponte romana e termas. Visita a Castrolandín en Cuntis.
·       15 Vigo: edificios modernistas da cidade, Berbés, monte do Castro e monte da Guía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario