O PAZO PROVINCIAL E O CENTRO SOCIAL DE BARRANTES ACOLLEN HOXE OS PRIMEIROS CURSOS DE FORMACIÓN NO MANEXO DE DESFIBRILADORES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 10 de junio de 2013

O PAZO PROVINCIAL E O CENTRO SOCIAL DE BARRANTES ACOLLEN HOXE OS PRIMEIROS CURSOS DE FORMACIÓN NO MANEXO DE DESFIBRILADORES


No edificio da Deputación fórmanse 20 persoas desta institución e dos concellos de Barro, Cotobade, Poio, Ponte Caldelas e Cangas

·       En Ribadumia participan no curso os seleccionados por este concello e polos de Sanxenxo, Meis, O Grove, A Illa de Arousa
·       Os asistentes reciben formación sobre soporte vital básico e fan prácticas de atención a diferentes tipos de vítimas, desde lactantes ata adultos
Corenta persoas participan hoxe nos dous primeiros cursos de formación no manexo dos desfibriladores semiautomáticos externos que a Deputación de Pontevedra instalará en 80 instalacións deportivas de 37 concellos da provincia.
Os primeiros en recibir esta formación son os homes e mulleres seleccionados polos concellos de Barro, Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Cangas, Ribadumia, Sanxenxo, Meis, O Grove e A Illa de Arousa e que serán os que, en principio, se encargarían de utilizar os mecanismos de desfibrilación que se instalen nos centros deportivos dos respectivos municipios.
Así mesmo, tamén recibe formación persoal da Deputación, dado que tamén está previsto instalar estes aparellos nos tres edificios da Administración Provincial que teñen diariamente unha maior afluencia de visitantes, e que son o Pazo Provincial, o Museo e o Centro Príncipe Felipe.
O primeiro dos cursos desenvólvese no Pazo Provincial coa participación de 20 persoas dos concellos de Barro, Cotobade, Poio, Ponte Caldelas e Cangas, así como da Deputación.
No mesmo horario, o Centro Social de Barrantes acolle ás 20 persoas de Ribadumia, Meis, O Grove, Sanxenxo e A Illa que manexarán estes aparellos.
Formación en soporte vital básico
Os cursos desenvólvense en horario de 09,00 a 14,00 h e de 16,00 a 19,00 h. e son impartidos por persoal titulado e con ampla experiencia no  mundo das emerxencias, como instrutores e técnicos do 061, bombeiros, persoal de Cruz Vermella ou Protección Civil.
Durante toda a xornada, os asistentes reciben explicacións e realizan prácticas sobre o manexo dos desfibriladores semiautomáticos e de soporte vital básico.
Os alumnos son, na súa maior parte, traballadores de centros deportivos e, en todos os casos, homes e mulleres que se atopan nos centros onde se van instalar os desfibriladores e que, en principio, serían os primeiros en atender á persoa que sufra un accidente cardiovascular no antedito centro.
Dado que a reacción rápida e eficaz vai ser fundamental para salvar a vida do afectado, estes cursos teñen especial relevancia porque dan o coñecemento suficiente para que poidan actuar con seguridade e axilidade.
De feito, o programa do curso inclúe, ademais do propio manexo do desfibrilador, técnicas de soporte vital básico, entre as que se atopa a reanimación cardiovascular e manobra de resucitación.
Tanto os alumnos e alumnas que hoxe reciben formación en Pontevedra e Ribadumia como os que o farán nos próximos días en Lalín, Valga, O Porriño, Baiona, Mos ou Tui, reciben unha ampla formación práctica.
Así, o curso inclúe simulacións de accidentados con moi distinto perfil (lactante, neno, adulto) e con casuísticas moi diferentes, co obxectivo de que saiban reaccionar e actuar en cada un dos casos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario