A Xunta licita o reforzo de firme e reposición da sinalización en varios treitos de estradas pontevedresas por un valor de máis de 360.000 euros - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 13 de junio de 2013

A Xunta licita o reforzo de firme e reposición da sinalización en varios treitos de estradas pontevedresas por un valor de máis de 360.000 euros

  •  Estas actuacións teñen por obxecto a rehabilitación en treitos puntuais das estradas Ponte Bora-San Antoniño (PO-224), Sanxenxo-Vilalonga (PO-504), Vilagarcía de Arousa (PO-549) e Cambados-A Lanzada (PO-550)
  • Estes traballos teñen un prazo de execución de 3 meses e benefician a máis de 130.000 habitantes de Sanxenxo, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa e Pontevedra

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), licita hoxe o proxecto de reforzo do firme de varios treitos en estradas da provincia de Pontevedra, para mellorar a seguridade viaria nestas vías. Concretamente, acometeranse actuacións en treitos puntuais dos viais Ponte Bora-San Antoniño (PO-224), Sanxenxo-Vilalonga (PO-504), Vilagarcía de Arousa-Cambados (PO-549) e Cambados-A Lanzada (PO-550). As actuacións proxectadas están motivadas polos importantes deterioros en varios treitos das vias.
A Xunta de Galicia fará unha achega de máis de 361.000 euros para levar a cabo os arranxos necesarios nestas infraestruturas viarias.
Estas obras teñen por obxecto a rehabilitación en treitos puntuais das estradas Ponte Bora-San Antoniño (PO-224), do pk 2+626 ao 2+701; Sanxenxo-Vilalonga (PO-504), do 2+800 ao 4+400, incluído na zona urbana de Sanxenxo, altamente habitada; a Vilagarcía de Arousa-Cambados (PO-549), do 5+000 ao 10+000, estrada dunha gran intensidade de tráfico; e a Cambados-A Lanzada (PO-550), do 6+000 ao 11+00, vial dividido en dous treitos, ao estar a travesía de Dena, actualmente en obras, entre o pk 8+710 ao 9+850.
As accións incluídas no presente proxecto pretenden conservar e mellorar as características funcionais, a seguridade da vía e a comodidade dos usuarios das estradas citadas. As obras consistirán, basicamente, no selado de fisuras, fresado e reposición do pavemento actual, limpeza de cunetas e pintada dos viais.
Para levar a cabo estas actuacións, será necesario a demolición de 128.250 metros cadrados de pavimento; o emprego de máis de 36.600 m2 de emulsión asfáltica; 3.000 toneladas de formigón bituminoso; 382 m2 de lousa de formigón; e a xestión de resíduos. Ademais da reposición de marcas viais horizontais e verticais e a limpeza de cunetas e taxeas.
Estes traballos, que teñen un prazo de execución de 3 meses, benefician a máis de 130.000 habitantes de Sanxenxo, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa e Pontevedra.
No seguinte plano amósase o tramo no que se levarán a cabo estas actuacións de rehabilitación.

.Plano 

No hay comentarios:

Publicar un comentario