"O FIN DO MEU CICLO"
Bos días a todos.
Só quero comunicarvos, e a algúns xa confirmárvolo; que tra-lo 
remate desta tempada do BARRO C.F. abandono o meu cargo de Presidente.
Este é o meu cuarto ano de mandato no cal xa hai que convocar 
eleccións a nova Xunta Directiva. Eu confirmo que non me vou volver a 
presentar. Os candidatos que queiran 
optar á presidencia teñen ata o venres dia 5 de xullo ás 21.00 h. na 
biblioteca do concello para presentarse, se queren alí mesmo. Nesa 
Asamblea xa terá que quedar conformada a nova Xunta Directiva, cun 
mínimo de 5 membros. De todas formas xa se empezaron a pegar papeles coa
 convocatoria de dita asamblea.
    Bueno, e sen máis, aproveito para
 dar as gracias ó Concello de Barro, a todo-los socios e patrocinadores 
que axudaron ó equipo durante estes meus catro anos, a todos os 
aficionados que estabades ahí todo-los domingos no partido e en xeral a 
todos os que sempre desexastes de corazón que nos fora ben.
   O meu 
especial agradecemento a Suso e a Santi, que nestes últimos dous anos 
estiveron ahí loitando e axudando como ninguén, e quizáis para min tamén
 tapando as decepcións levadas con outras persoas que non me merece a 
pena nin mencionar. 
   Pido perdón polos erros que puiden haber 
cometido e sinto non poder lograr unha unión total coas categorías 
inferiores, pero bueno,.....,en fin.
   Moitas gracias. Un abrazo a todos.
domingo, 30 de junio de 2013
New
Vicente Cons deixa o seu cargo de Presidente do BARRO CF
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
Vicente Cons
Etiquetas:
BARRO CF,
deporte,
futbol,
Vicente Cons
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario