A Xunta presenta en Pontevedra as axudas aos concellos para a promoción da igualdade ás que a Xunta destina 3,3 millóns de euros - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 11 de junio de 2013

A Xunta presenta en Pontevedra as axudas aos concellos para a promoción da igualdade ás que a Xunta destina 3,3 millóns de euros

  • A convocatoria prioriza as solicitudes presentadas conxuntamente e contempla a concesión de anticipos de ata o 60% da subvención concedida
  • Engloba a promoción da igualdade entre homes e mulleres, o fomento da conciliación e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres
  • O secretaria xeral de Igualde, Susana López Abella, presentou as subvencións acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís
  • O pasado ano, participaron 21 concellos de Pontevedra e se subvencionaron 42 programas por un montante total de 572.336 euros
 A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella presentou hoxe aos alcaldes da provincia, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a convocatoria de axudas e subvencións aos concellos para a promoción da igualdade, nas que o Goberno galego destina 3,3 millóns de euros, cofinanciados nun 80 por cento polo Fondo Social Europeo.
Segundo informou a secretaria Xeral de Igualdade aos alcaldes na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, o ano pasado destináronse en Galicia 3,6 millóns a estes fines e quedaron sen executar preto de 400.000 euros, polo que na convocatoria deste ano dedicaranse tamén a promover a igualdade nos concellos a través doutros programas.
En concreto, en Pontevedra, o ano pasado participaron 21 concellos e subvencionáronse 42 programas. O investimento destinado a esta provincia foi de 572.336 euros.
Segundo apuntou a secretaria xeral de Igualdade, 21 destes programas destináronse a promoción da igualdade a prevención da violencia de xénero, por un montante total de 44.891 euros. 6 programas máis dedicáronse ao fomento da conciliación nos que se investiron 40.222 euros. E finalmente, outros 15 programas municipais apoiaron os CIMs. Nestes últimos investíronse 487.22 euros.
A convocatoria do presente ano engloba tres programas de colaboración coas entidades locais: a promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero; o fomento da conciliación; e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIM).
Ademais, coa finalidade de lograr unha xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles, impulsaranse os proxectos de xestión compartida, polo que se priorizarán as solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local. Este ano tamén se terá en conta na convocatoria aqueles concellos galegos que estean adheridos á Rede de entidades locais en contra da violencia de xénero.
Así mesmo, as bases reguladoras contemplan a concesión de anticipos de ata o 60 por cento das axudas concedidas, contribuíndo a que as entidades locais dispoñan dos recursos cando realmente os precisan, máxime neste momento coxuntural no que se atopan nunha situación financeira delicada e reciben maior demanda de servizos.
O Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes está destinado a medidas como actividades de coeducación dirixidas á poboación infantil e xuvenil ou elaboración de plans municipais de igualdade de oportunidades; a liña de prevención e tratamento da violencia de xénero, a accións de prevención deste problema e intervencións de carácter integral coas vítimas. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 10.000 euros no caso de solicitude individual e ata 15.000 euros se é unha solicitude conxunta.
Pola súa banda, o programa destinado á conciliación subvenciona todas aquelas accións que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, como os bancos de tempo ou os plans de programación do tempo das cidades. Neste segundo programa, a contía máxima será de 12.000 euros para as solicitudes individuais e ata 18.000 euros nas conxuntas.
Por último, o programa dedicado aos CIMs, ten por obxecto colaborar coas entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico; información sobre recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes. A contía máxima por este programa é de 45.000 euros, e ata 70.000 euros no caso dunha solicitude conxunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario