Os expertos de varias das oficinas da provincia teñen xa concertadas citas
para atención individualizada para os vindeiros dous días
·
Os principais
motivos de consulta foron os datos concretos de cada quita e se o mecanismo de
liquidez pecha as portas á vía xudicial
As oficinas de asesoramento legal a afectados por preferentes postas en
marcha hoxe pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Unión de Consumidores
de Galicia recibiron neste primeiro día de funcionamento un total de 108 consultas.
A elevada demanda de información e asesoría legal foi tal que en varias das
oficinas abertas nas diferentes comarcas os expertos que atenden de forma individual
a cada usuario concertaron xa citas para os vindeiros dous días.
A maioría dos que acudiron a estes puntos de asistencia xurídica fixérono
interesados pola súa situación concreta tras a quita, debido á desconfianza que
lles xeran as cifras que a entidade financeira facilita.
Outro dos motivos que máis consultas orixinou foi a dúbida sobre se unha
vez que os afectados acoden ao Fondo de Garantía para darlle liquidez ás súas
accións tras o canxe se pecha ou non a vía xudicial; así como as posibilidades
do usuario de recuperar os seus cartos pola vía da arbitraxe.
Documentación precisa
Todas as consultas foron atendidas con todo detalle, pero neste primeiro
día de funcionamento foron moitas as persoas que acordaron xa cita para
próximas xornadas, co obxectivo de acudir á oficina con toda a documentación
que permita afondar en cada caso concreto.
Neste sentido, e dado que estas oficinas ofrecen asesoramento
individualizado, baseado no estudo detallado de cada caso, é recomendable –para
evitar ter que acudir dúas veces á oficina- que os usuarios acudan a elas con
documentación relativa á contratación das preferentes ou subordinadas, como
pode ser, en caso de que lle foran facilitados:
·
Contrato de depósito e administración de valores
·
Orde ou ordes de subscrición de participacións
preferentes e ou obrigacións subordinadas
·
Documentación
ou informe sobre a rendibilidade do produto
·
Cuestionarios Mifid, conveniencia e/ou idoneidade
·
Información precontractual (folleto, tríptico, etc)
·
Ordes de venda dos produtos
·
Calquera outro documento relacionado coa contratación das
preferentes e subordinadas e que se tivera asinado polo solicitante con
anterioridade ou posterioridade á data de contratación.
Ademais, aquelas persoas que precisen asesoramento en relación ao proceso
de quita, troco ou mecanismo de liquidez, deberán achegar o documento entregado
polo banco para expresar a opción entre depósito ou accións, para os titulares
de obrigas subordinadas con vencemento e o formulario do banco para a venta de accións
ao Fondo de Garantía de Depósitos.
Consultas por zonas
A oficina que recibiu un maior número de consultas foi a situada na sede da
Deputación provincial en Pontevedra, onde esta mañá foron atendidos un total de
17 casos. Isto foi posible debido a que, ante o elevado número de solicitantes,
o punto de información mantívose aberto hora e media máis do previsto.
Un número moi similar se atendeu na oficina de A Estrada, con 16 usuarios,
mentres que en Lalín foron 12 as persoas que acudiron en busca de asesoramento legal
neste primeiro día.
En Ponteareas atendeuse a un total de 14 usuarios ao longo da mañá, mentres
que en Cangas, Vigo e Redondela foron 11 consultas as atendidas en cada unha.
En Tui só se puideron atender 7 persoas, debido
a que en todos os casos se requiriu dunha atención moi pormenorizada, cunha
dedicación mínima de media hora a cada caso
CAMBADOS
Atendidas………………………..9
personas
Acudiron á
oficiña…………..20
Citas para
mañá……………..
Aspectos
consultados: a proposta de liquidez, a reclamación trala quita e qué abogados
poden asumir a súa defensa
PONTEAREAS
Atendidas…………..14
personas
Acudiron……………35
Citas para
mañá….10
Consultas: a
arbitraxe, os custes da via xudicial
CANGAS
Atendidas………….11
personas
Acudiron…………..25
Citas para
mañá….12
Aspectos: se
o canxe evita reclamar en vía xudicial e din que non se fían das contas do
banco na quita e liquidez
TUI
Atendidas…………..7
Acudiron…………..30
Citas para mañá…8
Aspectos
consultados: dubidan se son correctas as propostas económicas do banco na quita
e canxe e demandan datos si compensa acudir á via xudicial cando se perde pouco
na quita.
A ESTRADA
Atendidas………….16
Acudiron…………..25
Aspectos
consultados: dudan dos cálculos do banco na quita e demandan reserva de accións
legais
REDONDELA
Atendidas…………….11
Acudiron……………..30
Aspectos
consultados: quita, canxe e liquidez; custes da vía xudicial; posibilidades da
arbitraxe
LALÍN
Atendidas……….12
Acudiron…………20
Aspectos
consultados: ata cando poden ser aceptadas as arbitraxes, viabilidade da vía
xudicial; conveniencia da via xudicial
VIGO
Atendidas………..11
personas
Acudiron…………35
Citas para
mañá…..17
Aspectos
consultados: quita, canxe e liquidez; viabilidade da acción xudicial logo da
canxe e liquidez
PONTEVEDRA
Atendidas……………..17
Acudiron………………50
Citas para
mañá…….14
Aspectos
consultados: quita, canxe e liquidez; viabilidade da recuperación das
cantidades que se perden na quita; venda de acción ao Fondo de Garantía de
Depósitos; aceptación e compatibilidade coa arbitraxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario