DEPUTACIÓN E XUNTA ASINAN O CONVENIO PARA O FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS E PARA O IMPULSO ÁS POLÍTICAS DE EMPREGO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 19 de junio de 2013

DEPUTACIÓN E XUNTA ASINAN O CONVENIO PARA O FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS E PARA O IMPULSO ÁS POLÍTICAS DE EMPREGO


Rafael Louzán asinou en Santiago o convenio, xunto aos presidentes das deputacións de A Coruña e Ourense
·       A Administración Provincial destinará un ano máis 2,2 millóns de euros para que os concellos poidan manter o servizo de axuda no fogar e os servizos sociais básicos
·       A Consellería achegará á Deputación 800.000 euros para a contratación de desempregados destinados aos concellos
·       Esta colaboración permitiu xa a contratación de preto de 800 persoas neste ano
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou esta mañá o convenio de colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar para o financiamento dos Servizos Sociais básicos nos concellos de menos de 20.000 habitantes e para a promoción do emprego na provincia.
O acordo establece que a Administración Provincial financiará os servizos sociais básicos nos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes. En concreto, a Deputación incluíu xa nos seus orzamentos unha partida de 2,2 millóns de euros destinados ao mantemento do Servizo de Atención no Fogar, á retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios e á contratación de persoal técnico destes servizos con perfís complementarios aos do traballador social.
En total beneficiaranse desta achega da Deputación 53 concellos, que dan cobertura a unha poboación próxima aos 400.000 habitantes.
Contratación de persoal para os concellos
Así mesmo, o acordo establece que a Consellería destinará 800.000 euros á Deputación de Pontevedra para colaborar no financiamento dos plans de emprego que esta administración leva desenvolvendo desde hao varios anos.
De feito, no que vai de ano a Deputación contratou xa a preto de 800 homes e mulleres para a realización de diversas obras e servizos de interese nos concellos da provincia. Os contratados son persoas desempregadas sen prestacións, co que se trata de darlle unha oportunidade a quen máis o precisa.
Un paso máis
Este acordo é un paso máis na colaboración iniciada o pasado ano, cando se asinou o convenio por primeira vez.
O acordo afecta a dous dos temas máis sensibles para a cidadanía, como son a atención social e o emprego, aos que a Deputación Provincial de Pontevedra está prestando especial atención.
Neste sentido, cómpre lembrar o esforzo realizado xa por esta administración o pasado ano, cando reforzou a achega destinada aos servizos de axuda no fogar, que este ano volve a manter.
Así mesmo, no ámbito das políticas de emprego, aos preto de 800 desempregados contratados para obras e servizos xerais nos concellos, súmase a posta en marcha do Plan de Práctica Laboral, unha iniciativa pioneira que permitiu que 300 titulados universitarios sen experiencia laboral previa tivesen acceso ao seu primeiro emprego na rama profesional para a que se formaron.


No hay comentarios:

Publicar un comentario