Vicente Cons remítenos a noticia do roubo nos vestiarios do campo de fútbol de Barro en San Breixo.
Na noite de onte cando foi a entrenar o BARRO CF, adestrador, xogadores e despois o propio presidente, comprobaron que ladrón/s forzaron e reventaron as portas dos vestiarios, serrando a cadena e candado dunha delas e facendo un burato noutra.
Os ladrón/s roubaron neveras, que estaban cargadas de bebida, ademáis de destrozar unha delas e facerse coa recaudación de cartos existente que chegaría ó montante de 600€ en metálico, cantidade que recadan da venta dos mesmos ós veteranos e outra xente que cada vez que collen un refresco deixan 1€ para o bote.
Tamén roubaron as bebidas almacenadas coas que repoñían as neveras e que estiman que o seu valor será sobre 400€.
Outras das cousas que os ladróns do alleo levaron foron os balóns, a maioría deles recén comprados, ademáis de bombíns, sprays, petos, etc.
Non contentos con iso, aproveitaron para facer mal e romper tamén os calentadores, e remataron a súa fechoría deixando distintas pintadas de mal gusto, e unha moi significativa: "Gracias". Tiveron a osadía de deixar escrito que foi todo un "placer" roubarlle ó equipo do BARRO CF.
No lugar dos feitos persoouse unha patrulla da Garda Civil de Cuntis, que fixo fotos do sucedido, e o propio Presidente, Vicente Cons, hoxe mesmo estivo presentando a denuncia no cuartel da Garda Civil de Caldas de Reis.
Dende aquí, queremos chamar á colaboración cidadana, e se algunha persoa/s teñen pistas do sucedido, o poña en coñecemento á Garda Civil de Caldas de Reis, no teléfono 986.54.00.08.
Vicente Cons, pide agora a colaboración económica dos veciños de Barro para poder sair dunha situación que se torna complexa.
viernes, 23 de diciembre de 2011
New
BARRO CF: Roubo no campo de fútbol de Barro en San Breixo.
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
San Breixo
Etiquetas:
barro,
BARRO CF,
futbol,
San Breixo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario