Obxectivo
A rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio.
Actuacións subvencionables e contía da axuda (máis información art. 3º das bases)
A renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio, por outras de igual ou de inferior tamaño que:
Dispoñan de marcado CE.
No caso de carpinterías de madeira ou PVC, o acristalamento debe cumprir algún dos seguintes requisitos:
1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.
2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo.
2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo.
No caso de carpintería metálica ten que rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior e dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e acristalamento baixo emisivo.
A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100€/m2 de oco, cuns límites de 3.000€ por vivenda unifamiliar/piso e 50.000€ en edificios do sector terciario. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000€ por edificio.
En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.
Beneficiarios (máis información art. 9º das bases)
Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo para facer a reserva de fondos: desde el 11 de xaneiro ata o 29 de marzo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.
En Barro, poderémonos dirixir á empresa, Aluminios Cheda (www.aluminioscheda.es) xa que será unha empresa que constará como entidade colaboradora.
C/ Perdecanay (Gandara), S/N, 36194 Barro
986 71 13 62
C/ Perdecanay (Gandara), S/N, 36194 Barro
No hay comentarios:
Publicar un comentario