§ Todos os grupos sanguíneos son necesarios, especialmente Cero Positivo e A Positivo, xa que o 75% dos galegos e galegas nos correspondemos cun destes dous grupos.
§ A cidadanía pode acudir a doar aos sete locais de doazón ou ás dez unidades móbiles do CTG que durante os vindeiros días visitarán máis de 40 concellos galegos
A campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) refórzase nas xornadas previas á ponte festiva de decembro en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.
Nestas datas faise preciso contar coa colaboración de todos os doadores e doadoras, especialmente dos grupos Cero Positivo e A Positivo, xa que o 75% dos cidadáns galegos posúen un destes dous grupos sanguíneos.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán, ao longo dos vindeiros días, máis de 40 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue para poder levar a cabo unha media diaria de 500 intervencións cirúrxicas, tres transplantes de órganos e tecidos e atender unhas 3.000 urxencias.
O CTG agarda contar coa participación da cidadanía nesta campaña de doazón e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades posibles, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:
DATA | CONCELLOS |
Xoves 1 de decembro | EU Relacións Laborais e Centro Español Novas Profesións (A Coruña), Arteixo, Cariño, Esc. Antonio Escaño (Ferrol), Muros, F. Filoloxía (Santiago), Biblioteca Central (Lugo), Campus (Ourense)Cuntis, Moaña e CUVI (Vigo). |
Venres 2 de decembro | Betanzos, Cedeira, Coristanco, Esteiro (Muros), Ribeira, Viveiro, Verín, Cangas do Morrazo, Lalín e Moaña. |
Sábado 3 de decembro | Betanzos, Cedeira, Ribeira, Viveiro, Cangas do Morrazo e Moaña. |
Luns 5 de decembro | Carballo, Zona Elviña (A Coruña), Zona Caranza (Ferrol), A Picota (Mazaricos), Negreira, Foz, Rúa do Paseo (Ourense), Arcade, Zona Herrería (Pontevedra) e Zona As Travesas (Vigo). |
Mércores 6 de decembro | Carballo, Laxe, Pontedeume, Rois, Val do Dubra, Ribadeo, Rúa do Paseo (Ourense), Tameiga (Mos), Porriño e Portonovo (Sanxenxo). |
Venres 9 de decembro | Abegondo, Carnota, Narón, Noia, Zas, Burela, O Carballiño, Marín, Sanxenxo e Tui |
Sábado 10 de decembro | Narón, Noia, Zas, O Carballiño e Tui |
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
LUGAR | HORARIO |
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol) | Luns e venres das 8.00 ás 22.00 Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) | Luns e venres das 8.00 ás 22.00 Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas |
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense) | Luns das 8.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas Venres das 15.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) | Luns e venres das 8.00 ás 15.00 Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Cómo participar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...).
A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario