Os Socialistas de Barro renovan a sua executiva nunha asamblea extraordinaria o vindeiro domingo - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 15 de diciembre de 2011

Os Socialistas de Barro renovan a sua executiva nunha asamblea extraordinaria o vindeiro domingo

A agrupación municipal socialista de Barro celebrará este vindeiro domingo día 18 unha asemblea extraordinaria para renovar a súa executiva local.

O acto terá lugar na sede da agrupación local en San Antoniño, as 12 do mediodía, e no seu decurso os militantes elixirán ao novo secretario xeral do partido local. Actualmente este cargo  o viña  desempeñando Xosé Luis Abal Couto, que decidiu non presentarse a reelección por considerar que o posto debe ser ocupado polo candidato nas eleccións municipais.

Neste sentido, a agrupación socialista de Barro aposta por unha candidatura de consenso, encabezada polo actual portavoz do PSOE local, José Sanmartín, que opta a ser o novo secretario xeral.

Ademáis, na asemblea extraordinaria do domingo os socialistas de Barro tamen renovarán o cargo de secretario de organización local, ata agora desempeñado por Carlos García, e promoverán a creación de novas áreas.

O acto, no que estará presente o secretario de organización provincial do PSOE, Luis Piña, está aberto a todolos simpatizantes e veciños que queiran asistir, que poderán expoñer as suas opinións nunha asemblea totalmente aberta, transparente e participativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario