O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael  Louzán, mantivo unha xuntanza de traballo con representantes das  asociación de fútbol de veteranos da provincia _Club de Veteranos e Club  Primaveira, de Vigo, e Club de Veteranos de Pontevedra_ que agrupan a  248 equipos e máis de 5.300 licenzas federativas.
O obxecto da xuntanza era coñecer de primeira mán os problemas e as  necesidades dos devanditos clubes para estudiar liñas de apoio futuras  da institución provincial.
Os representantes dos clubes presentaron a páxina web da entidade de Pontevedra (www.ponteveteranos.com) , destacaron problemas derivados do  alquiler dos campos e da necesidade dun local en Vigo así como  demandaron que a Deputación continúe, na medida das súas  disponibilidades presupuestarias, co apoio que nos últimos anos veu  dando a estas asociacións.
Este apoio da institución provincial foi para a edición de calendarios  deportivos, para compra de trofeos para os distintos torneos, para  financiar o equipamento dos árbitros e para a dotación de 5.600 bolsas  de deporte.
O Club de Veteranos de Pontevedra está formado por 114 equipos que  reúnen 2.800 licenzas federativas. O de Vigo tén 5 divisións deportivas,  integra a 98 equipos e conta con 2.500 licenzas. O Club Primavera, de  Vigo, é o máis antigo pois fundado en 1984, integra a 36 equipos  formados por 800 futbolistas pero, a diferenza dos anteriores, agrupa a  xentes de todas as idades e non só veteranos. 

No hay comentarios:
Publicar un comentario