Príncipe Felipe acolle mañá a partir das 20:30 horas o concerto «Kilo Solidario», no que participa o grupo de Danzas Amor Ruibal, que busca recompilar productos alimenticios para as persoas que viven momentos de dificultade - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 15 de diciembre de 2011

Príncipe Felipe acolle mañá a partir das 20:30 horas o concerto «Kilo Solidario», no que participa o grupo de Danzas Amor Ruibal, que busca recompilar productos alimenticios para as persoas que viven momentos de dificultade

Os asistentes deberán entregar un quilo de alimentos (arroz, pasta, fariña, lentellas…) en concepto de entrada 

O auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe acollerá mañá, venres 16 de decembro a partires das 20:30 horas a cuarta edición do concerto “Kilo Solidario”. O evento foi presentado hoxe no Pazo Provincial pola deputada, Ana Vázquez, polo alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, polo concelleiro de Xuventude de Ponte Caldelas, Ricardo Castro; polo director da Banda Os Coribantes de Buchabade, Andrés Lorenzo; e polo representante de Supermercados Moldes, Juan Crespo.

O concerto Kilo Solidario é unha iniciativa que ten por obxecto a recollida de alimentos (arroz, pasta, fariña, lentellas…) que son destinadas a diversas entidades de carácter social (especialmente ó comedor de San Francisco de Pontevedra). Esta iniciativa está promovida pola Banda Os Coribantes, e conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas, supermercados Moldes, seguros Reale e da propia Deputación.

Os asistentes Terán que aportar como mínimo 1 quilo de alimentos en concepto de entrada. Non obstante, insistiron os organizadores “un quilo é o mínimo para asistir ó concerto pero os que o desexen poden aportar o máximo que poidan xa que precisamente se trata de reunir a máxima cantidade posible de produtos”.
Pola súa banda, as persoas que non poidan asistir ó concerto pero que pretendan colaborar coa aportación de alimentos poderán depositalos nos supermercados MOLDES, que este ano colabora activamente coa iniciativa.

Actuacións
Participarán no concerto de forma totalmente altruísta o cantautor Raúl Cabaleiro; o membro do grupo A Roda, Bernardo Xosé, o grupo de música folk Oberón e a Banda de Gaitas Os Coribantes de Ponte Caldelas coa colaboración do grupo de baile Amor Ruibal de Barro e outros músicos. 

Ana Vázquez puxo de relevo a iniciativa destas entidades de colaborar nun proxecto social destas características que busca axudar a aquelas persoas que están pasando momentos de dificultade. A responsable da Deputación animou a toda a cidadanía a asistir “non só para colaborar cunha iniciativa social, senón tamén para disfrutar dun espectáculo que paga a pena ver”.

Este evento víñase celebrando en Ponte Caldelas pero en vista do grande éxito obtido a entidade organizadora decidiu o ano pasado aportarlle un carácter comarcal e celebralo nun espazo con grande cabida de público como é o auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe con capacidade para 800 persoas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario