Voz de Barro celebra o Día Mundial da Loita contra a SIDA. Únete. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 1 de diciembre de 2011

Voz de Barro celebra o Día Mundial da Loita contra a SIDA. Únete.

O día mundial da loita contra a SIDA que se conmemórase o 1 de decembro de cada ano, dedícase a dar a coñecer a epidemia de SIDA global causada pola extensión da infección do VIH.
Elixiuse o día 1 de decembro debido a que o primeiro caso de SIDA foi diagnosticado neste día en 1981. Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, e é unha das epidemias máis destrutivas da historia. A pesar de que se mellorou o tratamento antiretroviral e de que existe un maior acceso a el no mundo desenvolvido, a epidemia de SIDA levou entre 2,8 e 3,6 millóns de vidas en 2005[Cómpre referencia], das que máis de de medio millón (570.000) eran nenos.
A idea de dedicarlle un día á loita contra a SIDA no mundo orixinouse no Cume Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da SIDA. Desde entón, foi adoptado por gobernos, organizacións internacionais e caridades ao redor do mundo.
Desde 1988 até 2004, o Día Internacional da Loita contra a SIDA foi organizado por UNAIDS (a organización das Nacións Unidas para a loita contra a sida), organismo que escollía un tema para cada ano, despois de consultalo con outras organizacións. En 2005 a UNAIDS entregou a responsabilidade da conmemoración deste día á Campaña Mundial contra a SIDA (WAC, World AIDS Campaign), unha organización independente. Para o 2005, elixiron como tema da súa campaña: "Paren a sida: cumpran a promesa" (Stop AIDS: Keep the Promise), que estará vixente até o 2010. Este tema non é específico para o Día Mundial da Loita contra a SIDA, senón tamén para os labores que a WAC fai durante o ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario