O INEGA da Xunta de Galicia convoca subvencións a proxectos de enerxías renovables - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O INEGA da Xunta de Galicia convoca subvencións a proxectos de enerxías renovables

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca subvencións a proxectos de enerxías renovables.

Beneficiarios/as:
As persoas físicas maiores de idade ou emancipadas que teñan plena capacidade de obrar.
As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos.
As empresas que teñan contratada a xestión enerxética, total ou parcialmente, de inmobles e instalacións de titularidade pública ou privada, e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
Os distintos tipos de administracións públicas.
As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica.
Fundacións, asociacións, comunidades de bens ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen ánimo de lucro.


Proxectos subvencionables:
1. Enerxía solar térmica.
2. Enerxía solar fotovoltaica illada.
3. Enerxía solar fotovoltaica conectada á rede.
4. Biomasa.
5. Biogás/gasificación.
6. Instalacións mixtas: solar fotovoltaica e enerxía eólica e/ou enerxía minihidráulica.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de xaneiro de 2012

Máis información no DOG do 13 de decembro de 2011 e en www.inega.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario