O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA SOLICITA AOS GALEGOS QUE DOEN SANGUE NA CAMPAÑA “NADAL 2011” - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA SOLICITA AOS GALEGOS QUE DOEN SANGUE NA CAMPAÑA “NADAL 2011”

  Todos os grupos sanguíneos son necesarios, especialmente Cero Positivo e A Positivo, xa que o 75% dos galegos e galegas nos correspondemos cun destes dous grupos. 

 A cidadanía pode acudir a doar aos sete locais de doazón ou ás dez unidades móbiles do CTG que durante as vindeiros tres semanas visitarán máis de 60 concellos galegos


A campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) refórzase, na segunda quincena do mes de decembro e ata finais do vindeiro mes de xaneiro, co gallo da campaña  de doazón de sangue “Nadal 2011”. O obxectivo desta campaña pasa con sensibilizar á cidadanía da necesidade constante de doazóns de sangue para abastecer axeitadamente aos centros sanitarios galegos, nunhas datas nas que aumentan os accidentes de tráfico e soe retroceder a participación dos cidadáns nas campañas de doazón.

Nestas datas faise preciso contar coa colaboración de todos os doadores e doadoras, especialmente dos grupos Cero Positivo e A Positivo, xa que o 75% dos cidadáns galegos posúen un destes dous grupos sanguíneos.

Desprazamentos
As dez unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán, ata rematar o mes de decembro, máis de 60 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue para poder levar a cabo unha media diaria de 500 intervencións cirúrxicas, tres transplantes de órganos e tecidos e atender unhas 3.000 urxencias.

O CTG agarda contar coa participación da cidadanía nesta campaña de doazón e,  para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades posibles, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Luns 12 de decembro
Ikea, Marineda City e Barrio Labañou (A Coruña), Fene, Praza Roxa (Santiago), San Cosme de Barreiros (Barreiros), Xinzo de Limia, Caldas de Reis e Barrio O Calvario e Rúa Príncipe (Vigo)
Martes 13 de decembro
Barrio Monte Alto e Campus A Zapateira (A Coruña), Brión, fene. Campus Sur (Santiago), Vilalba, Sandiás, Sarreaus, Xinzo de Limia, Agolada, Illa de Arousa e GKN Driveline (Vigo).
Mércores 14 de decembro
As Pontes, Lestedo (Boqueixón), Campus Elviña (A Coruña), Sada, Campus Norte (Santiago), Praza Maior (Lugo), A Valenzá (Barbadás), Bueu e GKN Driveline (Vigo).
Xoves 15 de decembro
Zara-Loxística (Arteixo), As Pontes, Camporrapado e Forte (Boqueixón), Cabo de  Cruz (Boiro), Carral, Guitiriz, Barrio O Possio (Ourense), O Grove e Carrefour (Vigo)
Venres 16 de decembro
Zara-Loxística (Arteixo), Boiro, Malpica de Bergantiños, Miño, Porto do Son, Monforte de Lemos, Pobra de Trives, Ponteareas, Zona Balaídos (Vigo) e Vilagarcía de Arousa
Sábado 17 de decembro
Boiro, Malpica de Bergantiños, Monforte de Lemos, Ponteareas e Vilagarcía de Arousa

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 8.00 ás 15.00
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Cómo participar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...).

A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou   coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario