§ A Xunta Directiva está traballando nun proxecto de longo prazo para o deporte de Barro.
§ Realizáronse propostas varias sobre as cuotas de socio e a apertura das socilitudes de admisión.
§ O fomento do deporte e o caracter non lucrativo da asociación achegará o tenis aos socios e veciños de Barro por cantidades que se estiman que non superarán os 30€/ano.
§ Estase probando un software de xestión de pista, horarios e servicios.
Despois da primeira xuntanza da directiva da "ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO", estanse conformando as bases do que será un proxecto a longo prazo para o deporte de Barro e máis en concreto para o tenis.
Dende a data de presentación aos medios e cun marcado e decidido paso, xa están establecidas as directrices principais do que será a actividade da asociación e a labor social, cultural e deportiva que prestará aos veciños de Barro.
Para a área social estableceranse canles de traballo coas ANPAS do CEIP Amor Ruibal e do IES de Barro para acadar que o tenis poida ser unha actividade extraescolar, e chegar co deporte e co tenis aos rapaces e rapazas de Barro.
Dentro da área cultural preténdesen organizar charlas e seminarios sobre o deporte e os seus beneficios para a saude.
Xa na área deportiva, hai iniciados contactos para facer en Barro campeonatos con outros clubes ou asociacións da comarca e provincia, que ademáis atraerán visitantes e turistas ao noso concello.
Como actividade inaugural, haberá un partido de tenis con varios deportistas de alto nivel e de recoñecido prestixio que poñeran o nome de Barro en portadas de periódicos. A complexidade de atopar unha data para isto está retrasando máis do que nós desexásemos dita actividade, pero merecerá a pena, e polo momento non podemos facilitar máis datos.
Por outra banda, tratáronse tamén as cuotas de socio á asociación e a disfrutar das ventaxas de estar na "ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO", para disfrutar do tenis no noso concello.
Despois de estudar varias opcións, por cuestión de inversións iniciais a realizar por parte da asociación ou dos donativos dos socios protectores, a asociación como entidade sen ánimo de lucro despois de varias deliberacións acordou:
Socios fundadores e de número: 30€/ano. A cuota familiar suporá un incremento de 5€/ano por socio adicional.
Para os menores de 18 anos que queiran ser socios a cuota será de 10€/ano.
Para socios que non sexan veciños de Barro, todas as cuotas terán un incremento de 10€/ano en calquera das anteriormente citadas.
Tamén se acordaron os honorarios do mestre de tenis que quedan da seguinte maneira:
20€/mes por 1 hora e 15 minutos á semana.
30€/mes por 2 horas e 15 minutos á semana.
Como se pode comprobar non existe afán recaudatario nin lucrativo, xa que ademáis esta asociación busca continuar coa afición e disfrute do tenis no noso concello. Poder xogar ao tenis por 2,5€/mes deixa claras as pretensións da asociación e a súa responsabilidade social.
Outra das xestións que agora mesmo se están a facer é probar un software de xestión de pistas e horarios, que permitirá "on line" reservar pista, e nun futuro non moi lonxano (por cuestións económicas non se fai inicialmente) agardamos que ademais asociado ó mesmo sistema, permita tamén o acceso á pista mediante unha tarxeta magnética.
Dende "ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO" tamén queremos por de manifesto o noso caracter social e o noso compromiso cos veciñ@s de Barro sen exclusións, a nosa voluntariedade por fomentar o deporte, e a nosa repulsa a calquera utilización política do tenis, xa que claramente, a asociación declárase apolítica no máximo valor de dita palabra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario