O CONCELLO DE BARRO DOTA A SUA BIBLIOTECA CON PUBLICACIÓNS SOBRE ARTE, CULTURA E HISTORIA EDITADAS POLO MUSEO DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 24 de julio de 2012

O CONCELLO DE BARRO DOTA A SUA BIBLIOTECA CON PUBLICACIÓNS SOBRE ARTE, CULTURA E HISTORIA EDITADAS POLO MUSEO DE PONTEVEDRA

A deputada provincial, Ana Vázquez, encargouse de entregar as publicacións que xa están a disposición dos veciños

A Deputada Provincial, Ana Isabel Vázquez Reboredo, entregou en datas recentes ó Concello de Barro varios lotes de publicacións para a biblioteca municipal.

Trátase de libros editados polo Museo de Pontevedra a través do Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra que ofrecen distintos tipos de contidos relacionados coa arte, a historia, a cultura, e as exposicións realizadas no propio Museo perante os últimos anos, entre outras temáticas. As publicacións serán depositadas na biblioteca pública de Barro.

Entre os títulos entregados podemos destacar, por exemplo, “Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada”; “Goya no Museo de Pontevedra”; “Do Neoclasicismo ao Naturalismo na arte galega”; “Retratos de Valle-Inclán”; ou distintas obras relacionadas con Castelao, entre outras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario