Unha  mestura de sorpresa e emoción que perfectamente se podía ver nas súas  caras. Así foi o momento no que as novas raíñas da sesenta edición da  Festa do Albariño de Cambados. Son Mar Otero Torreiro de seis anos e  Vanessa Piñeiro Noya de quince. Respectivamente, as raíñas Infantil e a  do Albariño.  
Momentos  antes de sabelo resultado das votacións do xurado puidemos falar con  elas onde nos relataron cales son as súas aficións e se estaban  nerviosas neses minutos previos. A partires de agora, as novas embaixadoras serán as encargadas de levar o nome de Cambados e o do Albariño alá por onde vaian.  
O  alcalde, Luis Aragunde, tamén deu unhas palabras neste acto. Lembrou ós  fundadores desta festa e resaltou o traballo de todo o sector vitícola  da DO Rías Baixas. Así mesmo, garantiu que Cambados vai seguir  fomentando a cultura do viño con festas coma esta. 
A  actuación de grupo cambadés Manso e amigos e o grande trompetista  Esteban Batallán, da Orquesta Sinfónica de Granada puxeron o broche  final ó acto.  
Pincha na imaxe para ver o vídeo:  
No hay comentarios:
Publicar un comentario