Datos sobre os concellos da comarca de Pontevedra, susceptibles de entrar no Servizo Provicial de Recollida de Lixo. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 6 de julio de 2012

Datos sobre os concellos da comarca de Pontevedra, susceptibles de entrar no Servizo Provicial de Recollida de Lixo.

DATOS PONTEVEDRA RECOLLIDA DE LIXO
Concellos incluídos no estudo e susceptibles de entrar no servizo provincial:
Os concellos da comarca de Pontevedra incluídos no estudo preliminar e que teñen xestión directa da recollida de lixo son Campo Lameiro, Barro, Cotobade e A Lama.
Xeración de residuos (Bolsa negra):
Dos 5 concellos incluídos, Campo Lameiro sitúase moi por debaixo das 500 toneladas ano (439). Cotobade supera lixeiramente esta cifra e sitúase en torno ás 1.300 e A Lama é un caso particular, dado que conta cunha poboación que non se inclúe no censo, que é o da poboación reclusa, que xera residuos pero non conta como habitantes. Isto é o que provoca que a media de residuos por habitante e ano supere neste concello a media galega e que o total de residuos xerados ao ano se sitúe en torno aos 1.500.
A media galega é de 1,18 quilos por habitante e ano, mentres que A Lama se sitúa en 1,34, debido ao anteriormente indicado. En Campo Lameiro a xeración de residuos é de 0,59 kg/hab/ano, en Barro sitúase en 1,10  kg/hab/ano; e en Cotobade en 0,75 kg/hab/ano.
Todos están por baixo da media dos concellos analizados, que é de 0,97.
Medios humanos e manteriais:
Barro: 1 condutor persoal laboral
Campo Lameiro: 1 condutor persoal laboral e un operario de cooperación;
Cotobade: 4 operarios ( 1 funcionario e 3 laborais);
A Lama: 1 condutor e 1 operario laborais os dous.
Recollida: Campo Lameiro recolle dous días á semana; Cotobade recolle 5 días á semana no inverno e 6  no verán; A Lama recolle 6 días á semana na zona urbana e no rural recolle 1 vez á semana en inverno e 2 no verán. Barro recolle 5 días á semana na zona urbana e 2 día á semana no rural. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario