Encontro de Percusión en Barosa // Barro – Meaño “Percontro 2012”
A música é un dos lazos para unir a xuventude máis fortes que podemos  atopar. A partir desta idea nace o “Percontro 2012”, onde músicos de  entre 15 e 25 anos das bandas de música  das localidades de Meaño e Barro que teñen unha paixón en común, a  percusión, convivirán esta semana empapados na música feita polos centos  de instrumentos que ten esta familia, tan antiga como o propio ser  humano, e cunha evolución que aínda segue a asombrarnos. Todo esto  culminará cun concerto que realizarán nun entorno natural como é o  Parque natural Barosa, o cal encherán con sons e ritmos tan variados  como distintos serán os instrumentos que os producirán.
É o  primeiro ano que se organiza este proxecto con moita ilusión por parte  dos participantes, que esperan sorpender a todo o público que se achegue  o próximo venres 20 ás 22h, buscando desfrutar dunha noite chea de  novas sensacións sonoras nun marco incomparable.
viernes, 20 de julio de 2012
New
Concerto de Percusión en Barosa o venres 20 de xullo ás 22 horas.
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
música
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario